Amosámosvos aquí algúns dos libros ilustrados que tivemos expostos na Biblioteca e que, aínda que xa colocados nas estanterías, seguen a vosa disposición. Auténticas xoias...
Xa sabedes, están agardando por vós...
" 'Mecanoscrito da segunda orixe' conta a historia de Alba e Dídac, dous rapaces que sobreviven a unha catástrofe que fai do mundo un lugar desolado e infernal. Desde o espanto dos primeiros momentos, a parella irá evoluíndo e adaptándose ao novo contorno ata facer do amor o acontecemento central das súas vidas."
" 'O can dos Baskerville' é unha nova aventura de Sherlock Holmes na que o enigma, o elemento central da historia, presenta características realmente interesantes, porque ó feito criminal vén a sumárselle unha maldición, unha lenda familiar, que envolve todo nun ambiente misterioso e fantástico. O gradual desenvolvemento da acción vai levando cara a unha explicación sobrenatural dos feitos, ata que finalmente o labor do detective conclúe coa explicación natural e lóxica do crime e de toda a cadea de pequenas incógnitas que se nos foron presentando..."