Mañán, 27 de marzo, celébrase, como ben sabedes, o Día do Teatro. E nós na Biblioteca levamos xa todo o mes de celebración.
Decoramos o escenario...
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgPr7R4B-x-eX7c1jphHjj1NKNjNww1fVk3fl_SxvNRMdFnvuUZNf4LS7Ofzt-rTm1s0eV6CSWu9xyaEYdllPjHAxK3E4DMMHUXqPt6diVe4ARek1mttrRmhC1ai5_So-5qclnGK0JN93c/s400/20160317_113816.jpg)
... fixemos un mini teatro de marionetas, do que deron boa conta os nosos alumnos e alumnas contando historietas...
... e, como non podía faltar, fixemos unha escolma de lecturas recomendables para esta data e unha selección de frases e citas célebres de algunhas obras teatrais...
A 'El gran teatro del mundo', que dicía Pedro Calderón de la Barca, podémoslle nós engadir o de... o gran teatro da nosa Biblioteca! ;)