Lecturas neste tercer trimestre: 'Dragal. A herdanza do dragón' e 'A rateira'


Ola!

Seguro que queredes saber con que lecturas andamos a voltas nestes últimos meses do curso no club de lectura, verdade? Pois aquí as tedes!

No club e lectura de 1ª e 2º estamos coa lectura de 'Dragal. A herdanza do dragón', de Elena Gallego Abad. Xa o comenzamos a disfrutar e aquí tendes un breve vídeo dun anaquiño dunha das sesións do club comentando os primeiros capítulos ao sol da primavera de Touro,
 

E seguiremos falando, claro...
 
E cos maiores? Pois con eles vamos comenzar co misterio que Agatha Christie- a prolífica escritora inglesa-  nos ten preparado na novela 'A rateira'. Na pasada sesión falamos do éxito das ininterrumpidas representacións teatrais desta novela no West End de Londres e noutros escenarios do mundo e vimos tamén e comentamos un vídeo sobre a biografía da autora e os misterios da súa desaparición. Queredes velo? Mirade mirade...

 
 Xa vos contaremos noutra entrada como vamos coas pesquisas detectivescas... Ah, e a semana que ven nos vos esquezades de volver  por aquí; teremos una sorpresa que estamos a preparar relacionada coa lectura anterior, "Bajo la misma estrella". Deica entón!  
 
Saúdos de Lectouriña!
 

Día do Libro 2016


Ola!

Como non podía ser menos, no colexio celebramos o Día do Libro por todo o grande, con proposta de lecturas por parte do Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística, e actividades varias organizadas polo Equipo de Dinamización da Biblioteca. O resultado podedes velo aquí en imaxes e en vídeos. Esperamos que vos gusten.

Aquí están, por exemplo, os rapaces e rapazas de 1º ESO lendo un fragmento de 'Memorias dun neno labrego', de Xosé Neira Vilas. Poñede os altavoces a todo volume para poder escoitalos ben...

 
E aquí o vídeo-resumo da exposición que se fixo na biblioteca cos libros traídos por profesoras e profesores do Centro: libros de valor pola súa antigüedade, exemplares de gran valor polo vencello afectivo con eles por motivos varios, libros curiosos, libros raros,... libros e máis libros! 
 
 
Tamén fixemos un vídeo para amosar as pequenas exposicións- Partes do libro, Historia do libro, Literatura universal-  e os elementos literarios cos que decoramos o colexio nestas datas...
 
 
E por último a presentación cos gañadores e gañadoras dos Premios Mellores lectour@s deste curso 205/2016. Noraboa!! A biblioteca púxose de festa...
 
 
 
Como vedes foi unha semana moi completa e chea de actividade. E é que no CPI Fonte-Díaz de Touro... encántannos os libros e a lectura!   
 
Saúdos de Lectouriña!