Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2015-2016. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2015-2016. Amosar todas as publicacións

Invitación para todas e todos


Con motivo da celebración no Centro do ano Isaac Díaz Pardo, toda a Comunidade Educativa e demais persoas interesadas podedes visitar a exposición 'LUZ E COMPROMISO' do 22 de maio ao 9 de xuño en horario de 10:00 a 16:00. Pero se ademais queredes vela e disfrutala con guía- o profesor Daniel Asorey será o encargado- anotade ben a data na vosa axenda da vindeira semana: MARTES 30 ás 11:45. E de paso que vos achegades, poderedes ollar a mostra de exemplares de Ediciós do Castro organizada polo Equipo da Biblioteca e coa inestimable colaboración de todo o profesorado.

Esperámosvos!!



Día do Libro 2016


Ola!

Como non podía ser menos, no colexio celebramos o Día do Libro por todo o grande, con proposta de lecturas por parte do Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística, e actividades varias organizadas polo Equipo de Dinamización da Biblioteca. O resultado podedes velo aquí en imaxes e en vídeos. Esperamos que vos gusten.

Aquí están, por exemplo, os rapaces e rapazas de 1º ESO lendo un fragmento de 'Memorias dun neno labrego', de Xosé Neira Vilas. Poñede os altavoces a todo volume para poder escoitalos ben...

 
E aquí o vídeo-resumo da exposición que se fixo na biblioteca cos libros traídos por profesoras e profesores do Centro: libros de valor pola súa antigüedade, exemplares de gran valor polo vencello afectivo con eles por motivos varios, libros curiosos, libros raros,... libros e máis libros! 
 
 
Tamén fixemos un vídeo para amosar as pequenas exposicións- Partes do libro, Historia do libro, Literatura universal-  e os elementos literarios cos que decoramos o colexio nestas datas...
 
 
E por último a presentación cos gañadores e gañadoras dos Premios Mellores lectour@s deste curso 205/2016. Noraboa!! A biblioteca púxose de festa...
 
 
 
Como vedes foi unha semana moi completa e chea de actividade. E é que no CPI Fonte-Díaz de Touro... encántannos os libros e a lectura!   
 
Saúdos de Lectouriña!

@s lectour@s opinan sobre 'O misterio das badaladas'...

Xa vos contamos que o trimestre pasado un dos grupos do Club de Lectura estivo lendo e disfrutando 'O misterio das badaladas'. Queredes coñecer as súas impresións sobre esta lectura? Sí? Pois aquí as tendes...

 
  
Sáudos de Lectouriña!

Ler na primavera, boa idea!


A primavera chegou a nosa bilbioteca... cargada de novas e engaiolantes lecturas.
Achégate!!

E mirade, se hasta a nosa querida mascota se vestiu para a ocasión...
A primavera a Lectoruiña altera!

Día do Teatro

Mañán, 27 de marzo, celébrase, como ben sabedes, o Día do Teatro. E nós na Biblioteca levamos xa todo o mes de celebración.
 
Decoramos o escenario...




... fixemos un mini teatro de marionetas, do que deron boa conta os nosos alumnos e alumnas contando historietas...




  



... e, como non podía faltar, fixemos unha escolma de lecturas recomendables para esta data e unha selección de frases e citas célebres de algunhas obras teatrais...








 


A 'El gran teatro del mundo', que dicía Pedro Calderón de la Barca, podémoslle nós engadir o de... o gran teatro da nosa Biblioteca! ;)


Sorrisos desde a Biblioteca...

Hoxe deixamos por aquí uns sorrisos, algún máis tímido que outros... pero sorrisos o fin e o cabo.
 



 
Sáudos de Lectouriña!
 

Lendo, escoitando e xogando con Rosalía...


Durante a semana adicada a Rosalía foron varios os xogos propostos na Biblioteca. Mentras unhas compoñían os puzles coas imaxes de Rosalía, outros recompoñían os seus poemas ao tempo que os escoitaban na voz de Uxía, outros e outras preferían recortar as rosas, Rosas para Rosalía... Unha bonita semana de e con Rosalía!!











 
 
Sáudos de Lectouriña!
 

Día da Poesía. Este ano... Rosalía

 
Benvida a Poesía!! Pois sí, o 21 de marzo é o Día da Poesía pero nós adiantámonos para poder agasallar no seu aniversario a unha das grandes poetisas galegas. Mirade a decoración... Gústavos?
 



 
Sáudos de Lectouriña! 

Mes do Amor


 
En febreiro tocou celebrar o Mes do Amor, así con maiúsculas. Celebramos con Lectouriña, a nosa mascota, o amor aos amigos e ás amigas, á familia, á natureza e aos animais e, por suposto, o amor aos libros e á lectura. Enchéuse a biblioteca de corazóns multicolores con poemas, cancións, breves textos de algunas lecturas, citas célebres... e moitos lectores e lectoras.








AMOR-AMOUR-LOVE



 
Sáudos de Lectouriña!