Entroido de cine

 Xa chegou o Entroido! A nosa Dona Meca tiña preparados, dende a semana pasada, os mandados de entroido.



 Comezamos a semana, tal e como nos indicou Dona Meca, vestindo Sombreiros de cine. Temos que recoñecer que foi moita a orixinalidade que vimos nos deseños e que as votacións para elixir o mellor sombreiro de cada clase foron moi complicadas. 


 Continuamos a semana vestindo con roupas estrafalarias, traendo pixama e con disfraz libre, para sematar o noso Entroido de cine inspirándonos en películas para os nosos disfraces. Así puidemos ver "Pingüinos de Madagascar", "Monstruos S.A.", "Hotel Transilvania", "Los Picapiedra", "Astérix y Obélix misión Cleopatra", "Alicia en el País de las Maravillas", "Maléfica" e moitas máis. Definitivamente foi unha xornada de cine!
 





















Día de Rosalía 2022

  Este ano o Día de Rosalía celebrouse, por primeira vez, o 23 de febreiro. No noso cole xa é tradicional conmemorar esa data con un menú especial, caldo de gloria e torta de aniversario, e este ano non podían faltar:

 Por outra banda, a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua galega propuxo este ano o lema "#SementadePensamentos" e, con iso na mente, os distintos grupos de Infantil e Primaria traballaron os poemas de Rosalía plasmándoos en follas de pensamentos que empregaron para decorar imaxes de Rosalía:






 Por outra banda, no departamento de Tecnoloxía crearon unha imaxe de Rosalía en metacrilato que empregamos para levar a Rosalía no corazón:

 Feliz día de Rosalía!







Novidades de cine

  Neste noso Ano de cine, un dos nosos obexectivos é ampliar a nosa videoteca. Pouco a pouco ímolo conseguindo e aquí vos deixamos as novas incorporacións ao noso fondo. Xa están á vosa disposición na nosa biblio, vén visitarnos!




Día da amizade

  O alumnado de 4º de Infantil celebrou, o pasado 14 de febreiro, o día da amizade, e fixérono desta forma tan especial. Esperamos que vos guste! Feliz día da amizade!




Día da Muller e a Nena na Ciencia

  O venres, 11 de febreiro, celebrouse o Día internacional da Muller e a Nena na Ciencia. As mulleres son o 56% do alumnado, pero so o 25% cursan estudos en tecnoloxía e enxeñaría. Para visibilizar un pouco estas opcións, o noso alumnado participou en diferentes actividades:

  • Todo o alumnado visualizou as seguintes curtas:

 Muller e nena na ciencia


  • Como non podía ser doutro xeito, neste "Ano de cine", proxectouse a película "Figuras ocultas" para o alumnado de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º da ESO.

  • O alumnado de 3º e 4º da ESO participou nunhas videoconferencias organizadas polo MUNCYT e impartidas por Gema Vázquez, enxeñeira informática, que falou sobre a análise e o tratamento de datos, e por Sabela Ramos, doutrora en computación de altas prestacións, que falou sobre Intelixencia Artificial.

 




 Así mesmo, na bibloteca fixemos unha selección de lecturas que consideramos que poderían ser interesantes para contribuír á visibilización das mulleres científicas.




Día da Muller e a Nena na Ciencia. Proposta de actividades

  O venres, 11 de febreiro, celébrase o Día da Muller e a Nena na Ciencia queremos dar visibilidade a esta data tan significativa, como non pode ser doutro xeito neste “Ano de cine”, farémolo a través do cine, coa proxección das películas “Figuras ocultas” para 5º,  6º de primaria e 1º e 2º  da ESO.

 O alumnado de 3º e 4º da ESO conectarase a unhas conferencias organizadas polo MUNCYT e impartidas por exeñeiras que contarán a súa experiencia para que o alumnado coñeza que motia as vocacións tecnolóxicas e como é o traballo en temas tan punteiros como a intelixencia artificial, o Big Data, a xeración de contidos dixitais innovadores...

 No caso de 3º gozarán da charla "¿Sabes que el dato es información, y la información es poder?", impartida por Gema Vázquez, enxeñeira informática e que falará de como foi evolucionando a análise e o tratamento de datos e como se poden emprega para mellorar as decisión de negocio.

 Pola súa banda, o alumnado de 4º conectarse a "¿Sabes a qué llamamos aprendizaje con refuerzo?, impartida por Sabela Ramos, doutora en computación de altas prestacións, e que falará sobre que é a aprendizaxe por reforzo, unha técnica de aprendizaxe máquina cada vez máis importante no desenvolvemento de aplicacións. 

 Así mesmo, para todo o alumnado pasaremos as seguintes curtas que nos servirán para xerar uns  interesantes debates.

Muller e nena no ciencia

 



 

Paseo das estrelas pola Paz

  O domingo, 30 de xaneiro celebrouse o Día Escolar da Non Violencia e da Paz e no noso cole celebrámolo coa colocación do noso “Paseo das estelas pola Paz”. Decidimos dar visibilidade á faceta solidaria de varias estelas de cine, unha por cada aula. Este é o resultado:














 O alumnado de Valores de 6º de primaria, coa axuda do seu mestre e a colaboración de alumnado de todo o centro, crearon este vídeo no que falan de que é a paz para cada un deles, un vídeo que nos invita a reflexionar... Que é a paz para ti?


 E para rematar queremos compartir os murais que o alumnado de Francés de 1º e2º da ESO elaborou  sobre cine francés e a paz que tamén queremos compartir.