Amosando publicacións coa etiqueta Ledicia Costas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ledicia Costas. Amosar todas as publicacións

CLUB DE LECTURA 3º E 4º ESO (CUARTA SESIÓN). CLUB DE LECTURA DE 1º ESO (TERCEIRA SESIÓN)



Esta semana no club de lectura de 1° - 'A balada dos unicornios' - tocou falar un chisco dos novos capítulos lidos e xogar a 'Personaxe misterioso'

Logo, entrega de premios ao equipo gañador (a verdade é que houbo lambonadas para todxs) e foto con sorriso antes da despedida. 


E no de 3°e 4°- 'O que sei do silencio' - estamos a piques de rematar xa a lectura. Estivemos a falar e comentar dándolle voltas á confesión do acoso escolar a Silke e o perigo do silencio. Vémonos de novo en 15 días... 



CLUB DE LECTURA 1º ESO. ' A BALADA DOS UNICORNIOS' (PRIMEIRA E SEGUNDA SESIÓN)



Xa imos pola segunda sesión do club de lectura de 1º ESO. Tras o desfrute de 'As meigas de Lupa', estamos agora con 'A balada dos unicornios', que tan bo sabor de boca deixou no club de lectura de 2º ESO. 

Na primeira sesión estivemos a ver o vídeo que fixemos no club de 2º, repartíronse os marcapáxinas e falemos un chisco do libro e da súa autora.

Nesta segunda sesión tocou xogar e comentar os 5 primeiros capítulos. As preguntas foron sinxelas e as respostas rápidas e correctas. Poucas veces fixo botar man dos comodíns…




CLUB DE LECTURA 2º ESO. 'A BALADA DOS UNICORNIOS'. (CUARTA SESIÓN)



Xogando a 'Personaxe misterioso' e a 'Antes ou despois?' e sobre todo gozando coa lectura de 'A balada dos unicornios', de Ledicia Costas, no club de lectura de 2° ESO... 





E así rematou a cuarta sesión. Lida está xa 'A balada dos unicornios' pero queda aínda unha actividade final por facer. Será a vindeira semana... 



CLUB DE LECTURA 2º ESO. 'A BALADA DOS UNICORNIOS'. (PRIMEIRA SESIÓN)


Hoxe comezaron as sesións do club de lectura. A de esta mañá foi co alumnado de 2° ESO. 20 alumnas e alumnos dos 22 da clase son membros do club. Non está mal a porcentaxe, verdade? E ademais tamén uniuse profesorado para compartir a lectura. Van ser unhas xuntanza moi amenas e concurridas... 

Hoxe tocou repartir o calendario de reunións, cuñar e repartir os libros que leeremos este trimestre- diso encargouse o secretario desta sesión- sinalar os capítulos para ler na casa e comentar o vindeiro día... E houbo varios agasallos: libretiñas, bolis, marcapáxinas, algunhas chuches... 

Unha sesión chea de sorrisos e da ilusión polo comezo desta nova lectura, 'A balada dos unicornios', que de seguro lles encantará. É de Ledicia Costas e iso sempre é garantía. 

Xa iremos contando...













'A BALADA DOS UNICORNIOS', DE LEDICIA COSTAS

Resultado de imaxes para a balada dos unicornios

A Escola de Artefactos e Oficios acolle os mozos e mozas máis brillantes. Son capaces de crear casas motorizadas, sombreiros voadores e outras proezas abraiantes. Ágata McLeod é unha das mellores alumnas, pero hai moitas cousas que descoñece da institución… e do seu pasado. A inventora terá que viaxar á orixe do mundo nunha travesía ateigada de aventuras e perigos. Fantasía e ciencia mestúranse nunha loita sen cuartel que enfronta corvos e unicornios.

Fantasía, aventura, ciencia ficción... agardan por nós nesta nova lectura do club.  


VISITA DE LEDICIA COSTAS


Sensacional o encontro con Ledicia Costas. Ademais dunha grande escritora, iso xa o sabiamos, demostrou hoxe a súa calidade como persoa, cativando coa súa amabilidade, dozura e simpatí­a. Un pracer compartir esta xornada con ela!  
Deixamos aquí­ unhas poucas fotos pero a reportaxe completa podédela atopar no noso Facebook. Son demasiadas fotos para subilas aquí.

Esta actividade inscrí­bese na iniciativa 'Leer te da vidas extra' do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte










Risas e medos con Esmeraldina


A sesión de hoxe no club de lectura de Esmeraldina foi moi intensa, chea de risas pero tamén, parece ser, que de moito medo cando os rapaces e rapazas contaron as súas arrepiantes experiencias.

Aínda que na foto máis parecen caras divertidas que cheíñas de medo, non? 

Esmeraldina séguenos contando as súas aventuras...

 

E  o club de lectura de Esmeraldina, a pequena defunta segue a su andadura entre receitas de cociña, sorrisos e capítulos que se "devoran" tan axiña e ta a gusto coma os doces que acompañan a tertulia.

As nosas e nosos lectour@s estanse a converter, ademáis de en moi bo lectores, en expertos chefs de cociña...





Lectour@s. Comenzamos no Club con 1º e 2º ESO... e con Esmeraldina.


Comenzamos!

Si, este mércores 9 de novembro, tras a especial inauguración do luns, deu comenzo a andadura lectora do Club de lectura Lectour@s de 1º e 2º da ESO. Veu cheo este inicio de doces, risas... e a máis que agradable sorpresa da nova lectura: 'Esmeraldina, a pequena defunta', de Ledicia Costas.

Co que vos gustou 'Escarlatina, a cociñeira defunta', esta Esmeraldina e a súa historia promete horas de divertida e engaiolante lectura. Xa iremos falando, parécevos?

Por agora deixámosvos as imaxes desta primeria sesión...







Adeus, Escarlatina!

E chegou o tempo de despedirnos de Escarlatina, de Román e de todos os demais. E fixémolo ao grande, coa degustación dunhas riquísimas madalenas/brownies. Moitas grazas, Lidia! Precioso detalle o que tiveches!! O broche casi final que se merecía a entretida lectura de Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas



E dixen casi final porque na derradeira sesión tocou ver La novia cadáver, de Tim Burton. Moi axeita a película, non credes?