O Ano da Música en P.T.

  Hoxe queremos compartir algunha actividade levada a cabo pola mestra de Pedagoxía Terapéutica co seu alumnado:

  • Actividade: completar a letra dunha canción en galego, a través da súa escoita na aula, para despois, traballar sobre as palabras completadas e reforzar os contidos curriculares de substantivo, verbo e adxectivo. Ademais, de forma complementaria, contribúe ao traballo da atención e de aspectos como diferenciar o título e autor da canción. Realizada na área de Lingua Galega e Literatura no primeiro ciclo de Educación Primaria.



  • Actividade: recoñecemento e identificación das cores, tendo que tocar no xilófono a cor solicitada no comunicador. A maiores, tamén traballamos cantidades, tendo que tocar tantas veces o xilófono como o número indicado no comunicador. Neste caso foi levada a cabo na etapa de Educación Infantil e en primeiro de Educación Primaria.




Ningún comentario:

Publicar un comentario