Amosando publicacións coa etiqueta Biblionadal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Biblionadal. Amosar todas as publicacións

Concurso de decoración de portas

  Hoxe queremos ensinarvos as fermosas portas que participan no, xa tradicional, Concurso de Decoración de Portas que a biblioteca organiza con motivo do Biblionadal.

 Cada ano o alumnado e o profesorado supéranse a si mesmos, complicando cada vez máis a tarefa do xurado. A ver que portas resultan vencedoras este ano!

 Parabéns a todos e a todas por tan magnífico traballo!

4º e 6º de Infantil

5º de Infantil


1º de Primaria


2º de Primaria


3º de Primaria


4º de Primaria


5º de Primaria


6º de Primaria


Aula música Primaria


Aula inglés Primaria


Aula A. L.


Aula 1º da ESO


Aula 2º da ESO


Aula 3º da ESO


Aulas 4º da ESO



Aula Lectour@s



 


























Pasapalabra Musical

  Neste Ano da Música decidimos convocar o concurso de Pasapalabra Musical. Hai dúas categorías, unha para Infantil e Primaria e outra para Secundaria. Elaboramos o noso rosco e as tarxetas coas preguntas correspondente e están colocados no panel fronte á porta da biblio, así que podedes pasarvos a botarlles un ollo e tentar resolvelos. Animádevos a participar!











Biblionadal

 Con motivo da chegada do inverno, o EDL e o EB do CPI de Fonte Díaz quere convocarvos a todos e a todas a varias actividades centradas este ano no Nadal. Para iso propoñémosvos:

-Concurso de Poemas (3º, 4º, 5º e 6º de Primaria e Secundaria). As poesías ou poemas terán unha extensión libre, con calquera número de versos e rima ou verso libre. O tema dos poemas terá que facer referencia obrigatoriamente ao á música. As poesías entregaranse na biblioteca nun folio co nome, apelidos e curso do alumno/a (escritos por detrás da poesía). A data límite de entrega será o martes 3 de decembro.

- Concurso de debuxos sobre o Nadal (para E.Infantil e 1º e 2º de E. Primaria). Os debuxos terán que facer obrigatoriamente referencia á música. Os debuxos entregaranse na biblioteca nun folio co nome, apelidos e curso do alumno/a (escritos por detrás do debuxo). A data límite de entrega será o martes 3 de decembro.

-Algúns dos debuxos e dos poemas gañadores destes concursos irán na Postal que se mandará ás casas para felicitar o Nadal.

-Concurso de decoración de portas relacionadas coa música (o xurado pasará a valorar as portas á volta das vacacións de Nadal e o premio entregarase o Día do libro).

-Concurso Pasapalabra Musical. Colocaremos dous roscos, un para Infantil e Primaria e outro para Secundaria, con preguntas relacionada coa música e que o alumnado terá que adiviñar. As respostas entregaranse na biblioteca antes do 18 de decembro.

Os premios de todos estes concursos (agás o das portas) entregaranse a día 19 de decembro.

Dende o EDL e o EB agradecemos de novo a vosa colaboración e entusiasmo.

 

 


 


Portas da Historia

  Hoxe queremos compartir unha das actividades do noso Biblionadal que quedou pendente, o Concurso das Portas da Historia. Cada curso decorou a súa porta da aula con referencias á historia e a pasada semana o xurado, composto polos voluntarios e voluntarias da biblioteca, pasou a valoralas para resolver o concurso. Os premios serán entregados o Día do libro. Parabéns a todos os cursos, fixestes un gran traballo!




















Manualidades

  Un ano máis deixámosvos por aquí as manualidades que, con material de refugallo, realizaron os alumnos e alumnas de primaria. Esperamos que vos gusten!