Visita Ledicia Costas

 O xoves, 23 de marzo, visitounos Ledicia Costas. Era unha visita que nos facía moita ilusión depois de ler no Club de lectura Lectour@s estivemos a ler "Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta". Por outro lado, en 5º e 6º de primaria leron "Escarlatina, a cociñeira defunta". 

Así o anunciamos nas nosas redes sociais e polo colexio, xerando gran expectativa, pois os seus libros son dos máis emprestados na biblioteca.

 Debido a esas lecturas, decidimos decorar con plantas o espazo da charla e pedimos ao alumnado e ás súas familias que elaborasen algunha das receitas do libro de Escarlatina. A resposta superou as nosas expectativas e foron moitos os pratos que nos fixeron chegar, polo que damos as grazas a todas e a todos os que nos axudaron a preparar esta impresionante benvida!



 Algunhas voluntarias da biblioteca foron as encargadas de recibila e acompañala nun pequeno percorrido polo centro, mostrándolle, orgullosas, o espazo do club de lectura, os traballos realizados por parte do alumnado sobre o proxecto do mar e a biblioteca, antes de conducila a audiovisuais e mostrar todos os pratos que preparan, con gran agarimo, moitos alumnos e alumnas, coa axuda das súas familias.





 Unha vez en audiovisuais só nos quedou gozar da conversa con Ledicia, das súas anécdotas, do seu sentido do humor, da súa cercanía e da súa paciencia. Moi, realmente, unha experiencia inesquecíbel para todos, agardamos repetir moi pronto!








Visita Carlos Meixide

  O pasado xoves, 16 de marzo, visitounos Carlos Meixide. Os Lectour@s de 2º da E.S.O. gozamos da lectura de "Ons", polo que agardabamos a visita con gran interese. Vímonos totalmente recompensados. Foi unha conversa moi interesante sobre libros e sobre o proceso de escrita que mantivo en todo momento a nosa atención. Queremos agradecer a Carlos por esta xornada tan interesante. Agardamos telo de volta moi pronto!













8M- Mulleres piratas

  Este ano, con motivo do Día Internacional da Muller, estivemos a traballar sobre mulleres piratas. Tomando de base o libro "Daniela e as mulleres piratas da historia", cada curso traballou sobre unha destas mulleres valentes e loitadoras, que romperon todos os moldes e moitas delas, totalmente descoñecidas. Tamén preparamos unha exposición e obras inspiradoras para esta celebración.





Teuta de Iliria


Jeanne de Belleville


Sadie Farrell


Awilda



Anne Bonny


Mary Read e Anne Bonny


Grace O´Malley


Ching Shih


 E unha muller que loitou contra os piratas: 


 Por outra banda, dende o concello ofertaron un obradoiro de elaboración de xabón. O alumnado de Infantil e Primaria elaborou o seu xabón con forma de lazo morado:
























 

Contes d´Afrique

  O pasado 7 de marzo o alumnado de 1º e 2º da E.S.O. tivo o privilexio de gozar, un ano máis, coa presenza de Samuel Mountoumnjou, contacontos e "media for intercultural". Samuel encandilounos coas súas fábulas e contos, cheos de calidez que, alén de divertir, invitan a reflexionar.