Amosando publicacións coa etiqueta 25N. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 25N. Amosar todas as publicacións

25 N

 A arte pode cambiar o mundo. Por iso, no noso cole facémoslle fronte á violencia de xénero con palabras e música, especialmente neste Ano da Música. Ao longo da semana do 25 N leváronse a cabo varias actividades relacionadas co Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller.

 Grazas á  ANPA A Santaia, o grupo Migallas teatro empregou a literatura e a creatividade para traballarmos a igualdade e os etereotipos. Tocando instrumentos como o acordeón ou o "hang drum" e dramatizando contos como Rosa caramelo, Guapa ou O coelliño branco, todo o alumnado do centro gozou e aprendeu ao mesmo tempo.







 O propio día 25 o alumnado vestiu pulseiras musicais para pedir un mundo sen violencia.




Tamén nos visitou Trémola teatro que nos explicou que as diversidades enriquecen o mundo, como cores que nos fan libres.







4 gritos de xustiza

  Dentro das actividades do 25 N, un grupo de alumnas de 3º e 4º da ESO realizaron unha curta, que presentaron ao Concurso de Pezas Audiovisuais convocado pola Xunta de Galicia. Unha curta realizada integramente por elas que despois se proxectou ao alumnado do centro na biblioteca. As alumnas presentaron a curta aos seus compañeiros e compañeiras, resolveron todas as súas dúbidas e falaron de todo o proceso e dos atrancos cos que se atoparon.

 Queremos facer chegar os nosos parabéns ás alumnas por ese gran traballo!





25N

 O luns, 25 de novembro, celebrouse o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller e, ao longo de toda esa semana, no noso centro leváronse a cabo varias actividades organizadas polo Equipo de Igualdade (cEIBEs) coa colaboración do Equipo de Biblioteca e o EDL.

 A primeira actividade tivo lugar o propio día 25. Ás 12 do mediodía tivo lugar unha concentración no campo da festa de Fonte Díaz que contou coa participación, ademais de todo o alumnado e profesorado do centro, persoal do concello e veciñanza, que se colocaron formando un lazo contra a violencia. Léronse dous manifestos, un por parte de alumnas do centro e outro polo persoal do concello e alumnado de todos os cursos recitou unhas frases con finais alternativos a contos tradicionais. O acto rematou coa lectura dun poema por parte de alumnado de Secundaria.

 






 Previamente, ese mesmo día, alumnado do Equipo de Igualdade estivo pintando uns bancos, cedidos polo concello, con lemas contra a violencia e que serán colocados polas rúas da vila.




 Tamén houbo representacións teatrais e pases de curtas que vos compartiremos en outra publicación.




Obradoiro de chapas

 Outra das actividades que se levaron a cabo polo 25N foi un obradoiro de chapas, organizado polo Departamento de Orientación e levado a cabo pola entidade Anacos.





25N

 O pasado venres, 24 de novembro, celebramos no noso cole o Día para a Eliminación da Violencia contra a Muller. Fixémolo saíndo todo o centro ao patio donde asistimos á lectura dun manifesto por parte da alumna de Secundaria que o elaborou e apoiada por varios compañeiros e compañeiras.




  A continuación cantamos entre todos a canción que estivemos ensaiando nas semanas anteriores "Depende dos dous".


Iceberg da violencia de xénero.

 Outra das actividades do 25N foi a creación do "Iceberg" da Igualdade. Elaborado polo alumnado de 6º de Primaria, completado polo alumnado de Secundaria, foi unha forma moi visual de mostrar aquilo que máis visible é, en relación á violencia contra a muller, e o menos visible. Ao longo da semana do 25N, o alumnado de Secundaria, traballou, coa axuda da orientadora, sobre os distintos tipos de violencia para despois plasmalo no "iceberg". Quedou exposto no corredor do comedor para que todo o alumnado o vise e lle servise para reflexionar. Un gran traballo!
















"Scape room" pola Igualdade.

 Durante a semana o 25N o alumnado de Secundaria participou na actividade "Scape room" pola Igualdade, un obradoiro, organizado polo Departamento de Orientación, e levado a cabo pola entidade "Anacos" no que o alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO vivía a experiencia de coñecer un caso dunha muller víctima de violencia machista e á que eles tiñan que intentar axudar. Foi, sen dúbida, unha experiencia única.