Estes son os resultados das votacións realizadas a pasada semana para celebrar o cabodano do voto da muller e visualizar a figura de Clara Campoamor, a muller que o fixo posible.
Esta mañá reivindicamos o labor de Clara Campoamor e a súa loita polo voto da muller. E fixémolo cunha votación na biblioteca. Mozas e mozos votando nun exercicio de democracia e igualdade.
Os maiores de 3º e 4º da ESO viron ademais a película-documental 'Clara Campoamor. Unha muller esquecida'. Porque é importante lembrar...
O vindeiro luns, 19 de novembro, fará 85 anos da primeira vez que as mulleres puidemos votar en España e neste #anodasmulleres non podíamos deixar pasar esta data. A muller que o fixo posible este voto universal foi a avogada e deputada Clara Campoamor. Aproveitamos para facer unha pequena exposición de libros sobre a muller e sobre mulleres.