O Samagosto

 O pasado xoves, 29 de outubro, celebramos o noso tradicional Samagosto. Ademais da exposición de cabazas, houbo castañas, xogos populares, talleres de maquillaxe e moitas criaturas fantásticas! 

 Deixamos uns libros terroríficos como suxestión para pasar unha noite de Samaín de medo!






















Cabazas fantásticas

  Como xa vai sendo habitual, o concurso de Cabazas da fantasía contou con unha alta participación. As cabazas foron todas sorprendentes e marabillosas, tanto que ao xurado, formado por alumnado voluntario da biblioteca, custoulle moito decidir cales podían ser as gañadoras. Deixámosvolas por aquí para que xulguedes vós mesm@s!

Moitas grazas ao noso alumnado e ás súas familias por todo ese traballo e dedicación, parabéns, son todas fantásticas!