O pasado 7 de marzo o alumnado de 1º e 2º da E.S.O. tivo o privilexio de gozar, un ano máis, coa presenza de Samuel Mountoumnjou, contacontos e "media for intercultural". Samuel encandilounos coas súas fábulas e contos, cheos de calidez que, alén de divertir, invitan a reflexionar.
Amosando publicacións coa etiqueta Contacontos b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Contacontos b>. Amosar todas as publicacións
CONTACONTOS 'SIRA E O ROBOT'
Hoxe houbo sesión de contacontos en galego e inglés para o alumnado de 5°e 6° de Primaria e 1°ESO: 'Sira e o robot'.
CONTACONTOS E MOITAS RISAS
Que ben o pasou onte o alumnado de Infantil e Primaria no contacontos. Un pracer escoitar como participaban e se rían a esgalla...
ROSALÍA MORLÁN ENCHE A BIBLIOTECA DE POESÍA
Qué sesión de contacontos tan bonita a de hoxe achegando a poesía ao alumnado máis pequeno. Dun xeito divertido, dándolles protagonismo a elxs, con risas e con agasallos cheos de maxia, Rosalía Morlán tívoos engaioladxs...

BLANCA MILLÁN NA NOSA BIBLIO
Seguindo coa celebración das Letras Galegas e invitada polo Equipo de Normalización Lingüística, estivo con nós na biblioteca, como xa vimos anunciando, a escritora e ilustradora Blanca Millán. Un verdadeiro pracer a súa visita. Firmounos no Libro de visitas e contounos uns contos seus fermosísimos: 'Lola e as 21 vacas', 'A maxia de mamá' e 'Manuela'. Como disfrutaron deles as rapaza e rapaces de Infantil e dos dous primeros cursos de Primaria...
Esperámola de novo por aquí ben pronto!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)












































