Amosando publicacións coa etiqueta Departamento de Ciencias. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Departamento de Ciencias. Amosar todas as publicacións

O Ano da Historia en Bioloxía e Xeoloxía

 O alumnado de 1º da ESO de Bioloxía, investigou sobre o descubrimento do primeiro antibiótico, a penicilina. Grazas á investigación coñeceron o concepto de serendipia e a relevancia que rivo para a historia da humanidade este gran avance da Medicina. Con ese traballo de investigación elaboraron bandas deseñadas onde mostraron todo o aprendido.








O ano do bosque en Bioloxía

 O alumnado de 1º ESO estivo a traballar sobre un aspecto fundamental para coidado dos bosques, a auga. Centráronse sobre todo na contaminación das mesmas e, para iso, os alumnos e alumnas elaboraron e presentaron diferentes traballos relacionados coa contaminación das augas e co tratamento das mesmas para o consumo humano:

•    Funcionamento dunha estación depuradora de augas residuais (EDAR).

•    Funcionamento dunha estación de tratamento de augas potables (ETAP).

•    Contaminación por micropásticos.

•    Mareas negras.

Con esta acticidade preténdese concienciar da necesidade de evitar a contaminación ambiental.

Esta tarefa complementouse coa saída integrada no Proxecto Ríos de visita á estación de tratamento de augas do concello de Touro xunto co alumnado de 5º e 6º de Primaria.








Movidos polo vento


O mes de novembro foi o MES DA CIENCIA e un dos temas a desenvolver nas clases de Ciencia de Manuel foi o das espirais, coas que se traballou a secuencia de Fibonacci, a proporción áurea. 

Así o explica Manuel, o profesor...

A espiral de Fibonacci 


Para facer este  debuxo basearémonos na sucesión de Fibonacci


Cada arco de circunferencia que forma a espiral vai incrementando o seu raio sumando a lonxitude dos dous raios anteriores, igual que lle ocurre ós números de esta serie.

Nautilus
Na natureza atopamos estes números e estas figuras multitude de veces como por exemplo na distribución das follas nun talo, ou a disposición das pebidas na flor do xirasol, pero, posiblemente, o exemplo máis coñecido sexa o patrón de crecemento da cuncha dos moluscos, en especial o Nautilus.

Espirais penduradas na biblioteca enriba do radiador e en permanente movemento

O movemento

Colocado o aparello encima do radiador,  unha forza motora faralle dar voltas indefinidamente, este feito temos que relacionalo coas diferencias de temperatura dentro do recinto, a densidade  nos distintos puntos, e o movemento das masas de aire. Este fenómeno coñécese como 'correntes de convección'.

A brisa mariña, o ciclo da auga, ou a circulación xeral atmosférica baséanse neste feito.

Brisa diurna
Resultado de imaxes para brisa diurna
Brisa nocturna

O rozamento


O xiro das aspas do noso muíño retorce a corda que o soporta e acaba freando completamente o artefacto, porén decidimos colocar unha peza metálica na cima da corda, e un imán que soporte o peso total, contrarrestando a forza da gravidade. O punto de contacto do metal co imán é moi pequeno, e o conxunto  pode xirar case con total liberdade sen que se pare o muíño.

Orientarnos co compás, ou a produción de electricidade por indución electromagnética, cunha dínamo na nosa bicicleta, son algunhas aplicacións do magnetismo.

Espiral de Fibonacci