Amosando publicacións coa etiqueta Club de lectura 2017/2018 b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Club de lectura 2017/2018 b>. Amosar todas as publicacións
DESPEDIDA DO CLUB DE LECTURA. RUTA DE SENDEIRISMO
As sesión dos clubs de lectura remataron por este curso e como despedida organizouse un ano máis unha bonita ruta de sendeirismo.
Chovéulles un pouco pero pasaron un moi bo rato, camiñando, rindo e comento as lecturas deste ano nos clubs: Palabras de caramelo, A rateira e O segredo da casa de Formoso foron os que máis lles gustaron ao alumnado de 1º, 2º e 3º e 4º repectivamente.
O club queda emplazado para o vindeiro curso. Ata entón!!
CLUB DE LECTURA de 1º ESO. ADEUS A 'PALABRAS DE CARAMELO'...
A última sesión de lectura de 'Palabras de Caramelo' e a última do club de lectura de 1º xa chegou…
Coñeceron coa lectura a cultura saharaui e nesta derradeira xuntanza recuperaron tamén a nosa lanzando fermosas e rápidas buxainas para lembrar a Caramelo.
Emotiva despedida!!
ENCONTRO CON HÉCTOR CAJARAVILLE
Esta mañá tivemos a xuntanza no club de lectura de 3º e 4º co escritor Héctor Cajaraville. Falounos da súa obra, da súa traxectoria como escritor, da evolución do seu xeito de narrar; respondeu tamén ás cuestións plantexadas polo alumnado en torno a O segredo da casa de Formosa; visitou a biblioteca, firmou no Libro de visitas... Un encontro moi agradable e enriquecedor.
Grazas desde aquí ao autor pola súa amabilidade e xenerosidade e os nosos parabéns pola súa novela, todo un éxito entre o alumnado lector.
'O SEGREDO DA CASA DE FORMOSO', DE HÉCTOR CAJARAVILLE
O vindeiro 24 de maio esperamos a visita ao noso Centro do escritor HÉCTOR CAJARAVILLE para falarnos da súa obra e en concreto de O segredo da casa de Formoso, a novela que estamos a ler neste tercer trimestre no club de lectura de 3º e 4º ESO.
CLUB DE LECTURA DE 1º ESO. SENTINDO E DESCUBRINDO 'PALABRAS DE CARAMELO'
O luns o club de Lectura de 1º ESO coñeceu e descubriu dunha maneira especial a nova lectura. E é que foron necesarios varios sentidos para dar co título. Grazas ao tacto, á resolución do xeroglífico e á mímica deron coa resposta: 'Palabras de caramelo', a fermosa historia de Kori e o seu camelo.
Mirade que ben o pasaron...
Club de lectura de 1º e 2º ESO. Nadal.
Última sesión do club de lectura de 1º e 2º ESO coa entrega de felicitacións e ambientación de Nadal...
@s Lectorur@s de 2º ESO recomendan...
Estas son as recomendacións lectoras do club de lectura de 2º ESO. Prestade antención, que son ben interesantes...
Eu leo, ti les. E vós? Club de lectura de 1º ESO
Recomendacións d@s lectour@s de 1º ESO para este Nadal...
Pasándoo "de medo" no club de lectura
Trasgos, monstros e outros seres, máis divertidos ca malos, son os que nos achegan @s nos@s lectour@s... Anímaste a ler 'Relatos de pantasmas e de monstros'? Xa sabes, están na biblioteca. 📚
Club de lectura. Tertulia sobre 'O barril de Amontillado', de Poe
Nova sesión do club de lectura de 3º e 4º ESO. O relato do autor americano Edgar Allan Poe O barril de Amontillado, a historia dunha vinganza desapiadada, foi o protagonista da tertulia de hoxe.
Club de lectura. Lectura moi "fantasmal"...
Nova sesión do club de lectura de 1º e 2º ESO con espectaculares narrador@s de contos de medo no mes de Samaín. Estupend@s estas rapazas e rapaces!! Bravo por Ainara, Bárbara, Lucía R. e tod@s @s demais.
Mirade, mirade...
Club de lectura de 3º e 4º ESO. Coñecendo a Edgar Allan Poe
Púxose en marcha esta semana o club de lectura de 3º e 4º ESO. Houbo reparto das libretas de notas, de marcapáxinas e dalgún doce, e comezamos cun breve repaso pola atormentada biografía do autor deste trimestre; e todo á tenue luz duns candelabros e palmatorias.
Porque o gran autor americano EDGAR ALLAN POE, un dos mellores escritores americanos de relatos, poeta, creador do relato detectivesco e impulsor da novela gótica, o maestro do macabro será o noso protagonista durante estos dous meses.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)