Amosando publicacións coa etiqueta Entroido. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Entroido. Amosar todas as publicacións

Entroido da Música

 O pasado venres, despois dunha semana na que seguimos os mandados de Dona Meca, celebramos a festa grande do Entroido da Música. Por mor da chuvia cambiouse o desfile polas rúas por un pequeno desfile, con baile incluído, no patio cuberto, pero puxémoslle ao mal tempo boa cara, moita cor e música, moita música. O noso Gayoso particular presentou un Luar no que desfilaron traxes de baile galego, Mozarts, verbeneiros e verbeneiras, xilófonos, tamborileiros e tamborileiras, mariachis, rockeiros e rockeiras, DJ´s, cantantes e músicos e músicas famosas, sevillanas, grupos dos anos 70 e moito máis! Desfilaron tamén os nenos e nenas do Punto de Atención á Infancia de Touro coas súas mestras e os usuarios e usarias do centro sociocultural. Bailamos, cantamos e pasámolo en grande!


























































Os mandados de Dona Meca

  É tempo de Entroido e Dona Meca xa está preparada cos seus mandados. Neste Ano da Música, algúns deses mandados están relacionados con ela. Estamos desexando ver como vos deixades levar pola vosa imaxinación e a vosa creatividade! Agardamos que gocedes moito do Entroido!




Entroido tradicional

 O alumnado de Infantil estivo a traballar sobre os diferentes Entroidos tradicionais de Galicia neste Ano da Historia, sobre todo sobre os Xenerais da Ulla, pois son os máis próximos aos alumnos e alumnas.

O alumnado de 4º de Infantil realizou "lapbooks" sobre os xenerais, un dominó, uns xeneraliños, un cabalo como os dos xenerais e un tricorne. Ademais, recibiu a visita dun xeneral que lles explicou todo o relacionado cos traxes e os atraques.
















 En 5ª de Infantil comezaron o proxecto coa visita dunha nai que falou sobre como celebraba a súa familia esas datas festivas. Elaborou unha presentación sobre o Entroido de Beseño e trouxo partes deses disfraces para que os puidesen probar.









 Elaboraron un "lap book" sobre a historia do Entroido, recolleron información sobre o Entroido galego e, sobre todo, o Entroido do noso concello. Ademais elabraron un "photocall" xunto co alumnado de 4º de Infantil.