EXPOSICIÓN PREMIOS MARÍA JOSEFA WONENBURGER


No centro temos aberta unha exposición, enviada pola Secretaría Xeral de Igualdade, sobre os premios María Josefa Wonenburger (matemática). Consta de 12 biografías de mulleres que recibiron este premio, dende o 2007 ata a actualidade, ademáis dunha da propia matemática. A exposición está na sala de audiovisuais e pode ser visitada ata o 11 de abril. Unha estupenda maneira esta de coñecer a contribución de mulleres galegas á ciencia e á tecnoloxía. 











POETAS CON TODAS AS LETRAS



Preciosa a exposición 'Poetas con todas as letras'. Fíxoa o alumnado de 1° ESO coa profesora de Lingua Castelá e literatura coincidindo coa Semana da Poesía. 

Agora toca recitar eses bonitos poemas... 



DÍA DA POESÍA


Aínda que nós xa celebramos todo un mes de poesía coincidiendo coa conmemoración do nacemento de Rosalía de Castro, non deixamos pasar, por suposto, O 21 de marzo Día da Poesía, sen algunha actividade...

'Soy la araña de España'


Día da Poesía coas pequenas e pequenos de 3 e 4 anos. Superchula quedou a súa versión de 'Soy la araña de España', de Gloria Fuertes. E cada quen decorou a súa co seu estilo. Artistas!!! 






 


'Transmatria'

Resultado de imagen de transmatria


E tamén neste parte do voluntariado estivo a xogar co profesorado a completar versos do libro 'Transmatria', do compañeiro Daniel Asorey, gañador do Premio libro galardoado no XXI Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu. Grazas a Daniel por este poemario forte, contundente e no que as mulleres son o gran referente, e ás voluntarias e voluntarios, coma sempre, polo seu entusiasmo. 














'Poetas con todas as letras'


Preciosa a exposición 'Poetas con todas as letras', non é? Fíxoa o alumnado de 1° ESO coa profesora de Lingua Castelá e literatura. Agora toca recitar eses bonitos poemas... 




A NOSA BIBLIOTECA INVITADA AOS ENCONTRO PLAMBE


O venres terán lugar os Encontros de bibliotecas PLAMBE. Fomos invitados a participar e alí estaremos a dar unha charla sobre a nosa biblioteca e sobre o labor dun dos nosos maiores orgullos, o alumnado voluntario. Será no Palacio de Congresos, en Compostela. 



CONTACONTOS E MOITAS RISAS


Que ben o pasou onte o alumnado de Infantil e Primaria no contacontos. Un pracer escoitar como participaban e se rían a esgalla...









CLUB DE LECTURA 2º ESO (QUINTA SESIÓN)



E no club de lectura de 2° ESO seguemos nas nosas pescudas para dar co asesino/a. Agatha Christie non nolo pon nada fácil; menos mal que contamos coas células grises do detective Poirot. 

E tamén seguemos coa creación do noso propio cómic...




  
















SUPERHEROÍNAS


No entroido as pequenas e pequenos de Infantil estanse a disfrazar de superheroínas. E as mestras tamén.








MULLERES FUTBOLISTAS


Nota emitida pola clase de 1º de Primaria: 

'As nenas e nenos de Primeiro curso de Primaria escollemos traballar sobre as mulleres futbolistas.  
As mulleres atópanse a día de hoxe aínda con moitas dificultades no recoñecemento da súa valía neste deporte. Vaise avanzando  pouco a pouco. O machismo segue imperando. Son obxecto de discriminación desde moi pequenas. 
Avanzamos... A proba son as novas que aparecen na prensa deportiva na que seleccionamos algunhas páxinas de La Voz de Galicia; programas como El Larguero da cadena Ser informa da liga de fútbol dos equipos femininos; os estadios de fútbol empezan a rexistrar moito público,...
Pero as futbolistas non reciben as mesmas retribucións económicas ca os futbolistas da súa mesma categoría. Son poucas as que poden dedicarse profesionalmente a este deporte sen ter outros ingresos. 
  Andrea Carid ou Verónica Boquete son mulleres futbolistas que empezaron moi nenas e saben moito de todo isto. 
E como non, no Entroido disfrazámonos todas e todos de MULLERES FUTBOLISTAS. 
Animo mulleres!'





FRIDA KAHLO



As mozas e mozos de 2º de Primaria neste Ano das Mulleres estiveron a traballar coa súa titora sobre Frida Kahlo. 

A actividade consistiu, en primeiro lugar, en ler sobre a vida e obra de Frida Kahlo, colorear as obras de Frida e debuxar a Casa Azul, lugar onde viviu Frida e que hoxe está convertida en museo. 










Logo realizaron copias e explicóuselles algunhas das súas frases máis célebres. Finalmente no Entroido, as nenas disfrazáronse de Frida e os nenos de mexicanos. Xa as vichedes o ben que ían todas e todos polas rúas do pobo...