Amosando publicacións coa etiqueta Maletas Viaxeiras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Maletas Viaxeiras. Amosar todas as publicacións

Maleta Viaxeira contra a Violencia de Xénero

  O pasado 8 de maio tivo lugar, na nosa biblioteca, o acto de entrega de unha das MAVI (Maleta Viaxeira conta a Violencia de Xénero). A subdelegada do goberno María Rivas e a xefa da unidade de violencia contra a muller da subdelegación de goberno, Manuela Vilaboy, presentaron esta iniciativa e fixeron entrega da maleta ao alcalde a a persoal do concello que nola deixaron en depósito ata final de curso. A maleta foi viaxando polas diferentes aulas para poder taballar o seu contido e así seguir avanzando na igualdade.






















Maleta mariñeira

  Durante as últimas semanas o alumnado de infantil e primaria gozou da maleta viaxeira cedida polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia), a "Maleta mariñeira", e de todo o seu contido. Gustáronlles especialmente todos os exemplares que falaban do coidado do mar, pero todo o contido xerou gran interese, polo que agradecemos ao CEIDA esta oportunidade. Repetiremos seguro!












A MALETA DA INCLUSIÓN XA CHEGOU!!


Xa está con nós a Maleta da Inclusión!!Percorrerá as aulas de Primaria e Infantil antes de continuar o seu camiño por outros colexios. 

Aquí están as pequenas e os pequenos de 2º de Primaria gozando das moitas historias que garda...






'MES DE ROSALÍA, MES DA POESÍA'





ROSALÍA


Este é o video do poema de Rosalía 'Miña casiña, meu lar'Moitas grazas a todas as familias que vos animástedes a participar e vos sumástedes a esta homenaxe feita con todo o respecto e agarimo á nosa poeta por excelencia. Grazas.



O mural de Rosalía que está pendurado cerquiña da biblioteca. Está feito coas cariñas de todo o alumnado do colexio... e con moito cariño. 



As pequenas e pequenos de Infantil viñeron á biblioteca a ver o vídeo-homenaxe feito polas familias- fíxolles ilusión verse-, un divertido vídeo dos Bolechas 'Rosalía e os Bolechas', e a cantar. En definitiva, a recordar a Rosalía... 














Menú 'rosaliano' no comedor, como ten que ser: o 'caldo de groria' do poema-estrela no cole este mes e un doce homenaxe... 







1º de Primaria recordando a Rosalía de Castro... 




MALETAS VIAXEIRAS DA POESÍA

INFANTIL E PRIMARIA

-Infantil-

Lecturas, diversión, recitado e manualidades con algunha das historias. As maletas viaxeiras dan para moito...
































-1°e 2° de Primaria-

 Ata a mascota se animou a ler coa profe...







   














-6° de Primaria-



















MALETAS VIAXEIRAS DA POESÍA 
SECUNDARIA

-1º ESO-

Na Hora de Ler e na clase de Lingua Castelá. 



















-2º ESO- 

'A poesía é o alimento da alma'


















-3º ESO-