25 N

 O xoves 25 de novembro foi o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller. Como xa expuxemos nunha entrada anterior, foron varias as actividades que se levaron a cabo no noso centro para dar visibilidade a esta realidade e para mostrar o noso rexeitamento da violencia. 

Ao longo de varias semanas estívose desenvolvendo no centro un obradoiro de igualdade que rematou coa estampación dunhas camisetas co lema Touro coa Igualdade.











O día 25 todo o alumnado e o profesorado do centro vestimos esas camisetas e, no pavillón, formamos lazos, por clases, os lazos da igualdade.











 Así mesmo, os distintos grupos foron pasando pola biblioteca ao longo do día, salvo Secundaria que o fixo en audiovisuais, para visualizar distintas curtas sobre diferentes tipos de violencia, dúas das cales foron realizadas por antigos alumnos do centro.









Foi unha xornada cargada de emotividade.


Novidades

 Pouco a pouco seguimos  a traervos as últimas incorporacións á nosa biblioteca. Esperamos que vos gusten!




25N

  Esta semana celebraremos o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a muller. Nestas últimas semanas o alumnado do centro participou nuns obradoiros sobre igualdade e nos que cada neno e nena pintou unha camiseta con lemas sobre a mesma. Esa camiseta vestirémola todos o xoves 25 e todos, Infantil, Primaria, Secundaria e profesorado, sairemos ao patio para unha actividade conxunta na que queremos visibilizar o noso rexeitamento da violencia e loita pola igualdade.

 Ao longo da xornada o alumando de Infantil e Primaria baixará por turnos á biblioteca para a visualización dunhas curtas sobre a igualdade. O alumnado de Secundaria visualizará as curtas na aula de audiovisuais e contarán coa presenza de Xián, guionista e protagonista das mesmas e exalumno do noso centro, polo cal estamos moi agradecidas.

 Estas serán as curtas que visualizaremos:

Infantil, 1º e 2º

El puente

Al ratoncito diminuto le hacen bullyng

Piedra papel o tijera

3º e 4º de Primaria

Artur e Clementina

5º, 6º, e toda a Secundaria:

Metamorfose: Curta realizada a partir do relato de Xián Barreiro e gañador de concurso de microrrelatos Suprime o Control da Deputación de A Coruña 2017.

Concurso "Suprime o control"


Non




Videoconferencia Sonia Villapol

  Esta semana, dentro das actividade do Mes da ciencia en galego, o alumnado de Secundaria gozou da conferencia "O que aprendemos da pandemia", impartida por Sonia Villapol, científica galega e divulgativa que desenvolve o seu labor no centro Médico de Texas (Houston, EEUU) e que forma parte do equipo de Investigación Internacional da COVID-19.

 Cumpríase un ano da asistecia á videoconferencia impartida por ela mesma e titulada "Só a ciencia nos rescatará da pandemia, na que compartiu connosco un enfoque científico dos conceptos básicos da COVID-19, como se transmite, efectos, tratamentos e vacinas. Nese momento os científicos e científicas aínda investigaban en torno á vacina, daquela en fase de exprerimentación. A día de hoxe, coa maioría da poboación xa vacinada, tentou darnos unha visión actual da situación, desde o punto de vista da ciencia.






Radio na biblio. The Kid

 Temos novo programa de radio! Nesta ocasión é o alumnado de 3º de primaria o que nos comparte o seu programa sobre a película "The kid" de Charles Chaplin. Esperamos que o desfrutedes!

The Kid



Cogomelos

  Un ano máis, dentro do Mes da ciencia en galego, o alumnado de Secundaria gozaron dunha xornada micolóxica. Este curso contaron coa presenza de Cecilia, antiga profesora do centro, quen compartiu con eles a súa sabedoría sobre os cogomelos, acompándoos nunha saída na que recolleron toda clase de fungos que despois clasificaron para a súa exposición. Moitas grazas, Cecilia por esta interesante xornada!