Amosando publicacións coa etiqueta Día de Rosalía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día de Rosalía. Amosar todas as publicacións

Caldo de gloria

  Como xa vén sendo tradición, o Día de Rosalía tamén se celebrou no comedor. Ese día, e grazas ao bo facer do persoal de cociña e da encargada de comedor, puidemos gozar dun rico caldo de gloria, así como dunha sobremesa especial, a torta de Rosalía. Ademais, cada comensal atopou no seu prato un marcador cun poema de Rosalía. Unha tradición que nos encanta manter.

Feliz Día de Rosalía!





Día de Rosalía 2026

  A pasada semana celebramos o Día de Rosalía. Seguindo as propostas da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, animamos a cada titoría a elixir un poema de Rosalía e gravar un vídeo recitando dito poema. Ao longo da semana fóronse subindo algúns deles ás redes sociais da biblioteca e ás do EDL baixo o lema proposto pola AELG, #maiselestamenperdidos, pero agora recompilámolos todos aquí para que poidades gozar deles. Todos os cursos fixeron un gran traballo, polo que non podemos máis de que dar os parabéns e as grazas a todos e a todas por participar!

























Día de Rosalía

  O pasado martes, 25 de febreiro, celebramos no noso cole o Día de Rosalía. Fixémolo, como xa é tradición gozando dun Caldo de Gloria e unha torta de aniversario no comedor. O menú ía acompañado dun marcapáxinas cun poema da autora que se agasallou a toda a comunidade educativa. Agradecemos dun xeito moi especial ao persoal de cociña e á encargada de comedor a súa colaboración para facer isto posible.




 Por outra banda, no ciclo de Educación Infantil colocaron a carta xeográfica de Domingo Fontán e situaron nel os lugares e edificios significativos para a escritora. Tamén realizaron carautas e aprenderon sobre o Caldo de Gloria.












Día de Rosalía de Castro

  O 23 de febreiro celebrouse o Día de Rosalía de Castro e foron varias as actividades que se levaron a cabo no noso centro para lembrar esa data tan sinalada. O día anterior, no comedor, gozamos, como xa vén sendo tradicional, do caldo de gloria e da torta de aniversario. Así mesmo, agasallamos á comunidade educativa cun marcador de libros coa imaxe e as verbas de Rosalía.




  Un ano máis seguimos as propostas da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega para a celebaración do Día de Rosalía, este ano baixo o lema "O amor da patria galega".
 En Educación Infantil e primeiro ciclo de Educación Primaria despois de ler estes versos,

Que feira, rapaza,
si cantas faremos...!
Festiña por fóra, 
festiña por dentro. (...)

Así mo pediron
na beira do mar,
 ao pé das ondiñas
que veñen e van.

Así mo pedron
na beira do río
que corre antre as herbas
do campo frorido.

Cantaban os grilos,
os galos cantaban,
o vento antre as follas
ruxindo pasaba.

Campaban os prados, 
manaban as fontes
antre as herbas e viñas, 
figueiras e robres.

fixeron uns debuxos cos que crearon uns fermosos colaxes, ademais de traballar a figura de Rosalía nas aulas.







  No segundo e terceiro ciclo de Primaria traballaron o poema "Adiós ríos, adiós fontes", debuxaron a Rosalía e crearon montaxes cos debuxos.
 





 O mestre de 6º de Primaria creou, en colaboración con outra compañeira, un xogo para coñecer mellor a Rosalía, con preguntas propostas polo alumnado de todo o centro e que estrearon para conmemorar o aniversario de Rosalía.



 O alumnado de Francés de Secundaria traduciu ao galego o poema de Rosalía "Adeus ríos, adeus fontes" e despois compuxeron sonetos sobre a natureza e a súa terra. 
 








 


 



 









Día de Rosalía 2023

  Un ano máis, celebramos o Día de Rosalía! Gozamos no comedor do, xa tradicional, caldo de gloria (acompañado dun marca-páxinas co poema e unha imaxe de Rosalía agasallo do centro) así como da torta de Rosalía.





 Este ano, as actividades propostas pola Asociación de Escritores en Lingua Galega estiveron enmarcadas no lema #cumpriuseaxustiza.
 Así, o alumnado de Infantil fixo unha colaxe co rostro de Rosalía e xogando con imaxes que tiñan relación cos sentimentos, as emocións e cousas que están a acontecer no mundo.


O alumnado de Primaria e de Secundaria creou poemas, 





 e crearon colaxes coa pregunta "Que diría Rosalía?" ante conflitos bélicos de hoxe, a inmigración no mundo, da explitación no traballo, os prezos da vivenda...













 Moitas grazas a todos pola colaboración!