Amosando publicacións coa etiqueta Departamento de Inglés. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Departamento de Inglés. Amosar todas as publicacións

O Ano da Historia en Inglés Secundaria

 O alumnado de 2º de ESO participou nun proxecto na materia de inglés no que tiñan que presentar algún invento ou descubrimento que impactou na sociedade. Prepararon unha presentación na que expoñían quen foron os/as inventores/as, o momento da historia no que aconteceu e que impacto tivo na sociedade, desde aquel entón ata a actualidade.

 A liberdade creativa que tiveron á hora de escoller o tema que querían presentar levounos a resultados moi interesantes, que abrangueron desde o ámbito deportivo (o nacemento do fútbol e do baloncesto), pasando polo lecer (cando e como xurdiu a primeira videoconsola de Nintendo ou a creación do videoxogo Fortnite), ata elementos que transformaron a sociedade en moitos aspectos (coma a roda) e outros relacionados coa hixiene persoal (coma o perfume).

 Foi unha experiencia enriquecedora aprender e coñecer, a través dos nosos alumnos e alumnas, un pouco máis sobre a orixe e a historia de descubrimentos que seguen tan presentes nas nosas vidas cotiás.






The forest

 Na asignatura de Inglés en Educación Primaria estiveron a traballar o vocabulario do bosque así como de elementos da natureza que atopamos na nosa contorna.

 Aproveitaron as sesións de "Arts & Crafts" para facer os seus bosques colgantes a nivel individual.

 A nivel grupal o alumnado traballou a temática anual creando as súas montaxes do bosque. Foi unha tarefa creativa na que se empregou todo tipo de material de refugallo.





O ano do mar. Departamento de Lingua Inglesa ESO

 Ao longo do curso, o alumnado de Secundaria estivo traballando, dentro da materia de Inglés, diferentes aspectos relacionados co PDI de centro, "O mar".

  • No primeiro trimestre prepararon unha lectura sobre curiosidades do "Titanic" e a súa tráxica historia para a Hora de ler. En grupos, o alumnado foi traducindo e compartindo co resto da clase a parte que lle correspondía, para despois facer unha exposición sobre a mesma. O alumnado que participou foi o de 2º, 3º e 4º da ESO.
  • O alumnado de 3º da ESO traballou sobre peixes en perigo de extinción, tras unha selección previa entre as moitas especies en perigo. Realizaron individualmente unha ficha cos datos máis relevantes sobre cada un deles: hábitat, expectativa de vida, alimentación, número de exemplares, perigos que ameazan a súa supervivencia...

  • Tamén en 3º da ESO realizaron un traballo biográfico sobre algunhas das mulleres e homes que están contribuíndo, con pequenas ou grandes accións, a preservar os nosos mares e océanos, mantelos limpos e salvagardar a vida mariña.




  • O alumnado de 1º da ESO realizou lecturas sobre curiosidades sobre a figura dos e das piratas.



  • O alumnado de 4º da ESO traballou tamén sobre o uso e significado dalgunhas frases idiomáticas con "fish".

  • En todos os cursos da ESO o alumnado gozou dunha selección de lecturas de temática mariña.
  •  Con todos eses traballos realizaron exposicións nos tabolerios do centro para o resto de alumnado. Parabáns por todo ese traballo!










Un ano de cine, Inglés Primaria

  Ao longo deste curso o alumnado realizou traballos relacionados co proxecto "Un ano de cine" nos diferentes cursos na área de Lingua estranxeira, inglés.

  • Visualización de distintas películas ao longo dos trimestres, traballando no coñecemento das diferentes temáticas das películas así como do xénero e os actores principais. 
  • No curso de 6º de primaria aproveitaron para empregar a radio do colexio e facer entrevistas co alumnado na que presentaban a súa película favorita, daban a coñecer o xénero da película, os actores principais, un breve resumo e unha valoración personal. Esta actividade foi moi productiva e ademáis contaron coa axuda do auxiliar de conversa que traballou a diario con eles na elaboración deste proxecto. Agardamos poder escoitar moi pronto os resultados do mesmo. Parabéns!







Un ano de cine no Departamento de Inglés de ESO

 No Departamento de inglés de Secundaria desenvolveron varias actividades relacionadas co cine ao longo deste curso.

  • Timeline: Crearon unha liña temporal con biografías de mulleres, sobre as cales, vida e/ou obra literaria, hai adaptacións ao cine.




  • Halloween: Con motivo desta celebración realizaron unha exposición de portadas de películas de terron en lingua inglesa.


  • Merry "movie" Christmas: Nesta festividade tamén adornaron os taboleiros con motivos navideños e  cinematográficos.

  • Reading: Selección de lecturas obrigatorias e optativas, para todos os cursos, de obras que contan con adaptacións ao cine: The Man in the Iron Mask, Washington Square, Anne of Green Gables, Dr Jekyll and Mr Hyde, Treasure Island, Nurse Matilda...

  • Cinema: Traballando as seguintes películas: 
-En 2º da ESO: Mr Popper´s Penguuins.
-En 3º da ESO: The Truman Show.
-En 4º da ESO: Ever After: A Cinderella Story




READING (AND TRANSLATING) MARGARET ATWOOOD AND KATE CHOPIN



Na clase de inglés de 3º e 4º da ESO estivéronse a traballar no terceiro trimestre dous relatos de dúas escritoras ben recoñecidas: Kate Chopin, escritora estadounidense do século XIX, e Margaret Atwood, canadense. 


Da primeira traduciuse o seu clásico ‘The Story of an Hour’, que amosa o mundo interior e a situación claustrofóbica da muller de finais do XIX e da segunda ‘There was once’, un dialogo sobre os estereotipos dos contos tradicionais en clave de humor. 



Os textos foron traducidos ao galego e poden ser lidos nas dúas linguas no libriño das imaxes que está xa dispoñible na biblioteca.







73 WOMEN TO REMEMBER



Así de bonito quedou o póster se elaborou entre todo o alumnado da ESO na clase de Inglés. A cada alumno e alumna por sorteo se lle adxudicou unha das 73 mulleres de fala inglesa, escollidas previamente. O problema foi escoller só 73, o total do alumnado da ESO este curso.

Cada alumna e alumno investigou, buscou información, escolleu unha imaxe e preparou unha breve biografía, segundo as pautas dadas... e este é o resultado! 

Todo o alumnado leva un cartel de agasallo. 


  



'PALABRA DE MULLER'. EFEMÉRIDES EN FEMININO


Así de bonito e colorista está un dos corredores das aulas de secundaria. Cada alumno e alumna da ESO fixo un traballo sobre unha escritora que nacera no seu mismo día, 'Efemérides literarias en feminino'

As biografías, enmarcadas nunhas caixas decoradas polo alumnado, están escritas nos catro idiomas (castelán, francés, galego ou inglés) segundo a nacionalidade da autora. 














CERVANTES E SHAKESPEARE. PERSONAXES FEMININOS




Estos son os dous murais elaborados polos Departamentos de Lingua Castelá e Literatura e o de Inglés, co gallo do Día do Libro, sobre personaxes femininos destes dous grandes autores. 

E ademáis, houbo agasallo duns pins a todo o alumnado da ESO... 


FELIZ DÍA DO LIBRO!

HAPPY BOOK DAY!!