Amosando publicacións coa etiqueta Esmeraldina. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Esmeraldina. Amosar todas as publicacións

E seguemos cos clubs de lectura...


Os clubs de lectura seguen a súa marcha. Neste segundo trimestre terán tanto un como o outro como autor protagonista a Agustín Fernández Paz. Aquí tendes una imaxe da última sesión do club de 1º e 2º ESO, que decoraron ben bonito o noso recuncho de lectura. :) Pronto virán máis imaxes e algún video que se está a argallar no club dos maiores.

Esperámoste na biblioteca!

Bo Nadal! Adiós Esmeraldina!


Con felicitacións de Nadal, unhas larpeiradas e grandes sorrisos, así de ledos despediron a Esmeraldina as alumnas e alumnos do club de lectura de 1º e 2º. Novas aventuras están por ir...



Risas e medos con Esmeraldina


A sesión de hoxe no club de lectura de Esmeraldina foi moi intensa, chea de risas pero tamén, parece ser, que de moito medo cando os rapaces e rapazas contaron as súas arrepiantes experiencias.

Aínda que na foto máis parecen caras divertidas que cheíñas de medo, non? 

Esmeraldina séguenos contando as súas aventuras...

 

E  o club de lectura de Esmeraldina, a pequena defunta segue a su andadura entre receitas de cociña, sorrisos e capítulos que se "devoran" tan axiña e ta a gusto coma os doces que acompañan a tertulia.

As nosas e nosos lectour@s estanse a converter, ademáis de en moi bo lectores, en expertos chefs de cociña...





Lectour@s. Comenzamos no Club con 1º e 2º ESO... e con Esmeraldina.


Comenzamos!

Si, este mércores 9 de novembro, tras a especial inauguración do luns, deu comenzo a andadura lectora do Club de lectura Lectour@s de 1º e 2º da ESO. Veu cheo este inicio de doces, risas... e a máis que agradable sorpresa da nova lectura: 'Esmeraldina, a pequena defunta', de Ledicia Costas.

Co que vos gustou 'Escarlatina, a cociñeira defunta', esta Esmeraldina e a súa historia promete horas de divertida e engaiolante lectura. Xa iremos falando, parécevos?

Por agora deixámosvos as imaxes desta primeria sesión...