Amosando publicacións coa etiqueta Agustín Fernández Paz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Agustín Fernández Paz. Amosar todas as publicacións

Video. 'Malos tempos para os fantasmas', de Agustín Fernández Paz


Este video que traemos hoxe é, como xa ben di o título desta entrada, unha homenaxe a Agustín Fernández Paz desde o Club de lectura Lectour@s.

No segundo trimestre os dous clubes de lectura leron obras deste autor: Malos tempos para os fantasmas en 1º e 2º e A neve interminable en 3º e 4º. O booktrailer de Malos tempos para os fantasmas, é por tanto o primeiro destas homenaxes; virá un segundo video ben pronto.

Agustín Fernández Paz, autor galego falecido o ano pasado, gústavos moito según nos decides. Proba delo é a grande variedade e cantidade de libros e historias que del temos na biblioteca á vosa disposición: As flores radioactivas, O centro do labirinto, Aire negro, Avenida do paque, 17 ou A neve interminable entre outros.

Pasádevos pola biblioteca que alí de seguro atoparedes algún título dos seus que vos atraia. Seguro, seguro!


¡Esperámosvos!



'A neve interminable', de Agustín Fernández Paz


Cal é a nosa segunda lectura no Club de lectura de 3º e 4º da ESO? Si, queredes sabelo? Pois unha novela de Agustín Fernández Paz, un autor que tanto vos gusta.  

A historia transcorre nun hostal da Fonsagrada, durante os meses de inverno. Un equipo de guionistas reclúese alí para escribir os guións dunha futura serie de televisión que se titulará As fronteiras do medo. Ao terceiro día, comeza a nevar. É unha tormenta que interrompe as comunicacións e o fluído eléctrico, e que deixa os guionistas illados do mundo. Mentres traballan nas historias da serie irán descubrindo que naquel hostal ninguén é quen aparenta ser e que un medo irrefreable comeza a filtrarse nas súas vidas.

A historia de A neve interminable promete, verdade? Xa vos contaremos...