Amosando publicacións coa etiqueta Departamento de artes plásticas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Departamento de artes plásticas. Amosar todas as publicacións

O Ano da Historia en Plástica

 Este ano, como era o ano adicado á Historia, a profesora de Plástica de Secundaria, enfocouno máis concretamente cara a Historia da Arte.

 En 1º e 3º da ESO fixeron colaxes a partir de imaxes de obras de arte famosas.

 En 3º ademais traballaron o tema da cor a partir de obras de arte orientais, fundamentalmente gravados xaponeses. 

 En 4º da ESO traballaron a cor a partir de varias obras de Franz Marc, e  o claroscuro a partir de imaxes do David de Miguel Ángel.

O bosque en Educación Plástica e Visual

 Ao longo deste curso, o alumnado de Secundaria estivo a traballar a temática d'O bosque en Educación Plástica e Visual.

En 1º da ESO realizaron paisaxes de bosque con puntillismo:





En 3º fixeron follas de árbores con lapis acuarelable:

E en 4º realizaron paisaxes con acrílicos:


Cabanas no bosque con lapis brando:




E paxaros con pasta de modelar:









Fermosos traballos, sen dúbida!





O ano do mar no Departamento de Plástica

  Ao longo do curso, o alumando de Plástica de Secundaria estivo a traballar, con diferentes técnicas, a ilustración con temática mariña.

  •  Así, o alumnado de 4º da ESO realizarou ilustación científica, tomando como modelo o "Inventrio ilustrado dos mares" de Virginie Aladjidi, en acuarela.
  • O alumnado de 1º da ESO realizou "collages" de animais mariños.

  • O alumnado de 3º da ESO realizou debuxos de paisaxes mariñas a lápis.



OP ART ou como enganar con arte aos SENTIDOS



Coa arte óptica ou OP ART, que xoga coas ilusións ópticas, está a traballar o alumnado de 1º ESO os SENTIDOS e as percepcións na clase de Educación Plástica e Visual. Neste video pódense ver algúns exemplos elaborados por parte de este alumnado. 



Restaurando ao estilo Sargadelos



  
E como vedes estas esculturas restauradas ao estilo Sargadelos por alumnos de 4º ESO? Raúl Santos foi o encargado de recuperar a Venus de Milo e Brais Vilas e José Iglesias a Venus de Gnido (a decapitada).


Así estaban...



Quedaron ou non quedaron ben? Por aquí gustan moito...



Menudos artistas!


Mirade que cousas tan preciosas fan en artes plásticas! Pablo Louzao, Carla Larroy e Juan Otero, alumnado de 1º ESO, son os artífices destas maravillas. Como ben explica Margarita, a profesora, "fermosas pezas con pasta de modelar, que conforman case unha pequena vaixela, cunha decoración natural nun caso, e cunha clara influencia dos deseños xeométricos da Cerámica de Sargadelos nas outras dúas."

Noraboa, artistas!