CLUB DE LECTURA 2º ESO. 'A BALADA DOS UNICORNIOS'. (PRIMEIRA SESIÓN)


Hoxe comezaron as sesións do club de lectura. A de esta mañá foi co alumnado de 2° ESO. 20 alumnas e alumnos dos 22 da clase son membros do club. Non está mal a porcentaxe, verdade? E ademais tamén uniuse profesorado para compartir a lectura. Van ser unhas xuntanza moi amenas e concurridas... 

Hoxe tocou repartir o calendario de reunións, cuñar e repartir os libros que leeremos este trimestre- diso encargouse o secretario desta sesión- sinalar os capítulos para ler na casa e comentar o vindeiro día... E houbo varios agasallos: libretiñas, bolis, marcapáxinas, algunhas chuches... 

Unha sesión chea de sorrisos e da ilusión polo comezo desta nova lectura, 'A balada dos unicornios', que de seguro lles encantará. É de Ledicia Costas e iso sempre é garantía. 

Xa iremos contando...













'A BALADA DOS UNICORNIOS', DE LEDICIA COSTAS

Resultado de imaxes para a balada dos unicornios

A Escola de Artefactos e Oficios acolle os mozos e mozas máis brillantes. Son capaces de crear casas motorizadas, sombreiros voadores e outras proezas abraiantes. Ágata McLeod é unha das mellores alumnas, pero hai moitas cousas que descoñece da institución… e do seu pasado. A inventora terá que viaxar á orixe do mundo nunha travesía ateigada de aventuras e perigos. Fantasía e ciencia mestúranse nunha loita sen cuartel que enfronta corvos e unicornios.

Fantasía, aventura, ciencia ficción... agardan por nós nesta nova lectura do club.  


ERES DO EQUIPO DE VOLUNTARIXS?...



Se estás no equipo de voluntarixs da biblioteca, este mércores 31 de outubro temos festa-encontro así que...

NON FALTES!!


DÍA DAS BIBLIOTECAS


Estamos a celebrar nesta semana o Día das Bibliotecas. Onte tivemos xuntanza na biblioteca co alumnado de Primaria (unha pena que por un pequeno problemiña non teñamos ningunha foto...) e hoxe co de Secundaria, da que vos deixamos algunhas imaxes. 

Aproveitando esta celebración do Día das Bibliotecas fixemos a inauguración "oficial" do curso e da biblioteca tras as reformas. Falamos do proxecto deste ano no colexio, o Ano das Mulleres, repartíronse os marcapáxinas que fixemos para esta data e entregáronse ademais os Pasaportes lectores para que os vaian completando e poder gañar así estupendos agasallos. 





Falamos tamén de poesía e lemos entre todxs algúns bonitos e divertidos poemas. O lema nas bibliotecas escolares de Galicia este ano é 'Poéticas Diversas' e desde a nosa biblioteca faremos as nosas aportacións 'poéticas'. 





Por suposto, o alumnado de 5º, 6º de Primaria e de ESO puido apuntarse como voluntarixs para este curso. Houbo cola para anotarse así que teremos un equipo de axudantes moi grande; este ano será de récord. E coas mozas e mozos de Secundaria charlamos ademais do club de lectura Lectourxs, que comeza a semana que ven e no que temos unha alta participación como ven sendo habitual. 


Xa para rematar vimos xuntos o mini vídeo que podedes ver ao final desta entrada. 

O venres tocoulle ao alumnado máis miúdo, o de Infantil. Con elxs, ademais de gozar dalgún poemiña, estivemos a pintar Lectouriñas, a nosa mascota, para decorar a biblioteca. Estxs pequenxs son verdadeirxs artistas...


















BENVIDXS TODXS Á BIBLIOTECA!!! 

FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS!!