'CONTO E RECONTO...'. FIN DE TRIMESTRE


Hoxe,  23 de marzo, día antes das vacacións tivemos, como ven sendo habitual, as actividades de fin de trimestre da Biblioteca: vimos o vídeo 'Conto e reconto' co resumo do feito durante o segundo trimestre, repartimos as guías de lectura coas recomendacións, falamos das novidades na organización da biblioteoca, recordaronse algunas das normas para un mellor uso e disfrute da mesma, houbo algún xogo,... e todo presentado, e maravillosamente presentado ademais, por dúas estupendas voluntarias, Natalia de 3º ESO e Claudia de 6º de Primaria.

Aquí deixamos unas imaxes... Por certo, o reportaxe gráfico correu a cargo de Martín e José Andrés de 4º ESO.







 





































E onte viñeron ata a biblioteca o alumnado de Infantil, que veu un episodio de Peppa Pig, e cantou unha chea de cancións. Aquí­ deixamos algunhas imaxes desa bonita xornada...







VIAXANDO CON SENTIDO E COS SENTIDOS


O alumnado de 5º e 6º de Primaria, cos seus titores e titora, estivo de viaxe por Celanova e Ourense con sentido e cos sentidos... 
  • LENDO a Curros Enríquez e Celso E. Ferreiro
  • ESCOITANDO o órgano do Mosteiro de Celanova
  • VENDO o Mosteiro de Celanova e a torre de Vilanova dos Infantes
  • SENTINDO as augas termais de Outairiz
Unha viaxe, como vedes, moi sensorial. Aquí podedes ver algunha imaxes do precorrido… 




















POEMAS POR UN TUBO...


Hoxe, Dí­a da Poesí­a, recitouse durante os recreos moita e boa poesí­a. De Espronceda a Rosalía de Castro, de Celso Emilio Ferreiro a Gloria Fuertes, de D. H. Lawrence a Mario Benedetti... Houbo, como prometiamos, 'POEMAS POR UN TUBO'... 






As nosas voluntarias e voluntarios e as membros do Equipo da Biblioteca foron quenes se encargaron de espallar poemas aquí­ e alá cos seus tubos poéticos.

De parte de todas e todos...


FELIZ D͍A DA POES͍A!!




O VOLUNTARIADO REPOÑENDO FORZAS


Esta mañán estivemos a preparar coas voluntarias e voluntarios (moitas grazas a todas e todos vós) algunhas das actividades da biblioteca para a próxima semana, que ven cargadiña.

E para rematar a xuntanza e repoñer forzas uns pinchiños. 

Xa iremos falando desas actividades...




POESÍA DOS SENTIDOS



Así de vistoso quedou o mural que prepararon en 2º da ESO nas clases de Lengua Castellana con poemas que facían referencia a cada un dos sentidos...


Con mucho gusto
Oda a la manzana” e "Oda a la cebolla”


Poemas que acarician
La muralla”


Suena a poesía
El arpa olvidada” e “La guitarra”


¡Poema a la vista!
Ojos” de M. de Unamuno


Perfumes poéticos
Una rosa blanca” e “Pureza de jazmines”