Hoxe, 23 de marzo, día antes das vacacións tivemos, como ven sendo habitual, as actividades de fin de trimestre da Biblioteca: vimos o vídeo 'Conto e reconto' co resumo do feito durante o segundo trimestre, repartimos as guías de lectura coas recomendacións, falamos das novidades na organización da biblioteoca, recordaronse algunas das normas para un mellor uso e disfrute da mesma, houbo algún xogo,... e todo presentado, e maravillosamente presentado ademais, por dúas estupendas voluntarias, Natalia de 3º ESO e Claudia de 6º de Primaria.
Aquí deixamos unas imaxes... Por certo, o reportaxe gráfico correu a cargo de Martín e José Andrés de 4º ESO.
E onte viñeron ata a biblioteca o alumnado de Infantil, que veu un episodio de Peppa Pig, e cantou unha chea de cancións. Aquí deixamos algunhas imaxes desa bonita xornada...
Ningún comentario:
Publicar un comentario