Este Día do Libro vivímolo dun xeito moi especial, coa visita de Celso Fernández Sanmartín. Un grupo de voluntarios e voluntarias da biblioteca foron os encargados de recibilo, ensinarlle a biblioteca e acompañalo polo colexio ata audiovisuais. Alí, todo o alumnado e o profesorado, por quendas, gozou da maxia de Celso, quen, cos seus contos, nos fixo rir, cantar, recitar trabalinguas e tremer de emoción. Unha xornada para o recordo!
Encontro con María Menéndez-Ponte
As actividades do Mes das letras remataron cun encontro virtual coa autora María Menénde-Ponte. Creadora, entre outras personaxes, de Pupi, que a acompañou na conversa e que é moi querida entre o noso alumnado. Grazas, María pola túa xenerosidade, aprendimos moito de Pupi e foi un pracer conversar con vós!
Charla Daniel Asorey
O pasado martes, 28 de marzo, o alumnado de 3º e 4º de primaria gozou dunha conversa sobre poesía, maxia e o poder da imaxinación co noso compañeiro e escritor Daniel Asorey. Moitas grazas, Daniel, por contaxiarnos o teu entusiasmo! Repetiremos seguro!
Visita Ledicia Costas
O xoves, 23 de marzo, visitounos Ledicia Costas. Era unha visita que nos facía moita ilusión depois de ler no Club de lectura Lectour@s estivemos a ler "Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta". Por outro lado, en 5º e 6º de primaria leron "Escarlatina, a cociñeira defunta".
Así o anunciamos nas nosas redes sociais e polo colexio, xerando gran expectativa, pois os seus libros son dos máis emprestados na biblioteca.
Debido a esas lecturas, decidimos decorar con plantas o espazo da charla e pedimos ao alumnado e ás súas familias que elaborasen algunha das receitas do libro de Escarlatina. A resposta superou as nosas expectativas e foron moitos os pratos que nos fixeron chegar, polo que damos as grazas a todas e a todos os que nos axudaron a preparar esta impresionante benvida!
Visita Carlos Meixide
O pasado xoves, 16 de marzo, visitounos Carlos Meixide. Os Lectour@s de 2º da E.S.O. gozamos da lectura de "Ons", polo que agardabamos a visita con gran interese. Vímonos totalmente recompensados. Foi unha conversa moi interesante sobre libros e sobre o proceso de escrita que mantivo en todo momento a nosa atención. Queremos agradecer a Carlos por esta xornada tan interesante. Agardamos telo de volta moi pronto!
Visita Antía Yáñez
O xoves, 5 de maio, tivemos a sorte de contar coa visita no noso centro de Antía Yáñez. Catro voluntarias e voluntarios da biblioteca foron os encargados de recibila, acompañárona a visitar a nosa biblio e faláronlle das actividades do Mes das letras antes de dirixirse á audiovisuais donde tivo lugar a charla. Os beneficiarios da mesma foron os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria, aos que falou de "Plan de rescate", e os de 3º da ESO, aos que falou sobre "Be water". Foi unha conversa moi dinámica, o alumnado estivo moi pendente das súas palabras e ao rematar fixeron preguntas moi intersantes. Moi amablemente firmou exemplares do seu libro e mesmo adoptou un libro dentro da nosa actividade "Adopta un libro". Foi unha xornada moi enriquecedora que gozaron todos. Agardamos poder contar con ela en próximas ocasións!
















































