Amosando publicacións coa etiqueta Engurras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Engurras. Amosar todas as publicacións

Grazas, Paco Roca!



Que o autor dun dos libros lidos e disfrutados no Club de lectura de 3º e 4º da ESO conteste aos nosos correos e ademáis nos envíe una foto con dedicatoria é todo un orgullo.


Grazas, Paco Roca! Alba, Alexia, Elena, Eva, Lidia, Paula S., Paula V., Raúl, Rocío e Wiliane quedan agradecidos e envíanche outra cariñosa aperta.


O booktrailer "oficial" de 'Engurras'


Este é o video que fixemos no CLUB DE LECTURA de 3º e 4º ESO tras acabar de disfrutar coa lectura da novela gráfica 'Engurras'.

Enviámoslle o video ao autor, Paco Roca. A el gustoulle! E a vos?





Paco Roca no noso Club de lectura



Hoxe reproducimos aquí o mail de resposta de Paco Roca. Contabámoslle nun correo que estabamos a ler/disfrutar en Lectour@s da lectura de Engurras, unha das súas novelas gráficas máis coñecida e premiada, e esto foi o que nos respostou...

Hola, Eva, Alexia, Alba, Paula Seoane, Paula Villar, Elena, Wiliane, Lidia y Raúl. Espero no dejarme a ninguno de vosotros.


Carmen, vuestra profesora, me ha comentado que estáis trabajando en clase con mi cómic Arrugas. Para mí es todo un honor. Arrugas surge de la necesidad de hablar de la vejez de mis padres. En aquel momento ya eran muy mayores y empezaban a tener problemas de salud. Me di cuenta además de que la vejez era un tema escasamente tratado, ya no sólo en los cómics, también en las novelas o en el cine.

Por eso decidí hacer una historia donde todos los protagonistas fueran personas mayores hablando de sus problemas. Mis padres vivían en su casa, pero para la historia quería buscar un entorno más amplio donde se pudieran ver diferentes tipos de vejez.

Durante seis meses estuve visitando diferentes residencias para documentarme. Todo lo que cuento en Arrugas está sacado de aquellas vistas.

Creo que en definitiva Arrugas trata sobre todo de la soledad de las personas.
Espero que os guste.

Ah, os recomiendo también la adaptación al cine. Veréis que hay algunas diferencias.

Un abrazo a todos y todas.

Paco Roca

Moitas grazas polas túas palabras. E grazas tamén por esta estupenda historia, ben contada e ben ilustrada.  

Coñecendo un pouco mellor a Paco Roca...


Paco Roca é o autor da novela gráfica Engurras, que estamos a ler no club de lectura do alumnado de 3º e 4º ESO. Imos coñecelo un pouco máis... E Como? Pois pasándonos pola súa web www.pacoroca.com ou na entrevista que lle fixeron no programa de TVE Página 2, entrevista que podedes ver AQUÍ. 



Club de lectura Lectour@s. Comenzamos 'Engurras', de Paco Roca


Hoxe no Club de lectura de 3º e 4º da ESO tivemos a presentación da novela gráfica que nos vai ocupar nas próximas xuntanzas, e tivemos tamén reparto de libretiñas, dos carnés do Club para este curso... e algún que outro doce. 

Queredes saber cal será a nosa lectura, si? Pois será 'Engurras', de Paco Roca. Xa vos contaremos... Aquí tendes o noso selfie ao final da sesión, con dúas ausencias: unha alumna que non puido vir e outra que se escondeu, non sei como, para non saír. Na próxima xa as veredes. Ata daquela...