Amosando publicacións coa etiqueta Plan Proxecta. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Plan Proxecta. Amosar todas as publicacións

Proxecto Ríos

  Este curso o Plan Proxecta elixido foi "Os ríos". Para poñer en valor a importancia do coidado dos ríos para a vida no bosque e a conservación dos ecosistemasrealizaron unha serie de actividades coa intención de favorecer que o alumnado adquirise unha progresiva conciencia ecolóxica, desenvolvendo actitudes de coidado e conservación do medio ambiente:

 Roteiro botánico no río Lañas co alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO (ruta PR-G 93) na que se fixo fincapé no coñecemento de diferentes especies de plantas autóctonas (árbores, arbustos e herbas) presentes na ribeira do río Ulla, así como na importancia da súa conservación.

 Roteiro de interpretación patrimonial co alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria que realizaron un tramo da “Ruta dos Tres Ríos” (PR-G 121) polos ríos Beseño e Lañas. Nesta ruta existen múltiples muíños que nos permitiron abordar aspectos relacionados cos xeitos nos que as persoas poden usar auga como fonte de enerxía renovable, ecolóxica e sostible.

 Roteiro de interpretación de flora e fauna para o alumnado de 3º, 4º e 5º de Educación Infantil. Realizouse na área recreativa de Santaia no río Lañas, e foi levada a cabo por un veciño do concello que lle amosou ao alumnado. as diferentes especies animais e vexetais presentes no río cando as augas están puras e como, entre elas, conforman o seu propio ecosistema.

  Saída co alumnado de 5 e 6º de Educación Primaria e 1º de ESO. Na que se inspeccionaron e se recolleron mostras da auga dos ríos Lañas e Portapego. Estas saídas, sempre adaptadas a cada nivel educativo, consisten na inspección visual, toma de datos (características físico-químicas e organolépticas) por parte do alumnado e na recolección de mostras de macroinvertebrados bentónicos para a súa posterior análise no laboratorio. O alumnado de 1º de ESO amosou ao resto do alumnado o funcionamento dunha ETAP e dunha EDAR. Na mesma tamén se visitou a pranta de augas potabilizadora municipal.

 


 

Plan Proxecta: "Sabores do mar"

 Neste "Ano do mar" o noso centro participou no Plan Proxecta: "Sabores do mar", coa coordinación da persoa encargada do comedor. Foron varias as actividades que, baixo este lema, se levaron a cabo ao longo do curso.

  • Elaboración dun libro de receitas con produtos do mar: Co obxectivo de fomentar o consumo de produtso mariños e de facer partícipe á comunidade educativa do mesmo, creouse un libro de Receitas mariñas. Para a súa elaboración pediuse ao alumnado de todo o centro que elaborase coas súas familias un prato no que un ou varios ingredientes fosen de procedencia mariña. Recolléronse nun receitario que foi viaxando de aula en aula para difundilo entre o alumnado.






  • No terceiro trimestre, os alumnos e alumnas de Oratoria realizaron textos expositivos-argumentativos sobre os beneficios do consumo de peixe para unha boa alimentación. Ademais, refutaron calquera posible rexeitamento que cara este alimento na etapa da adolescencia. Unha vez redactados os textos, a partir da busca de informción previa, da reelaboración da mesma e da súa memorización, o alumnado procedeu á exposición dos mesmos ante o resto de alumnado de 3º da ESO, así como ao de 5º de Primaria.
  • Obradoiro "Ti si es un bo peixe" no que todo o alumnado do centro aprendeu sobre especies mariñas, oficios, coidado e consevación do entorno mariño tamén a través do xogo.


























"Ti come froita"

  Ao longo deste curso tamén se participou no Plan Proxecta froita na escola. Os profes de música e de 6º de primaria compuxeron unha canción adicada á mesma, "Ti come froita", que foron ensaïando ao longo do ano con todo o alumnado para cantala todos xuntos no patio. Este é o resultado, así que parabéns a todos os que participaron na creación da mesma!