Rematamos A chave da Atlántida.

O día 18 de decembro reunímonos para comentar os tres últimos capítulos de A chave da Atlántida. Canta emoción co final trepidante da historia de A0!
 
A Atlántida emerxeu nas Illas Cíes, pero só poderían  gobernala aqueles que tivesen a súa mente e corazón libres de ambicións e intereses. Así, só Eva, Fran e A0 se salvaron e  Hiperión e Blackwood desapareceron xunto coa Atlántida que volveu ocultarse outra vez.

Volverá aparecer? Non o sabemos, pero nós tivemos a nosa Atlántida especial na actividade que realizamos nesta xuntanza  que emerxeu en forma de cofre cun doce tesouro agochado no seu interior. Iso si, había que resolver varios enigmas para poder acceder a ela. Por grupos, os intrépidos e intrépidas lectour@s deberon unir as pezas de varios puzzles: vocabulario e definicións, personaxes e as súas descricións ou frases ditas por estes e responder a cuestións sobre o desenvolvemento da novela e localizalas ao longo da mesma. Todos os grupos foron expertos investigadores e puideron desfrutar do contido da nosa Atlántida: unha chea de lambetadas das que todos e todas demos boa conta.

Quedamos para a próxima reunión na que comezaremos unha nova lectura.