Día Escolar para a Paz e a Non Violencia

 Hoxe queremos contarvos a nosa proposta para a celebración do Día da Paz e a Non Violencia neste 2021.

 En vista do éxito da proposta que lanzamos o ano pasado para o Día da Paz, conseguir mil grúas de papel, este ano quixemos propor outro ambicioso reto:

Un nen@, unha árbore.

 Para iso, neste ano no que seguimos coa Volta ao mundo, inspirámonos en Wangari Maathai (a Muller Árbore ou a Nai dos Bosques), Premio Nobel da Paz por fundar o Movemento Cinturón Verde, co que axudou a plantar máis de 30 millóns de árbores en toda Kenia. 

 Así, a nosa proposta foi a seguinte: cada neno e nena do centro sementaría a súa propia árbore, pedímoslles que trouxesen unha landra, que plantaron na clase, e así poder observar cómo agromaba, e, unha vez xerminados, poder levar para as súas casas. Deste xeito, tamén colaboramos co Plan Proxecta que se está a desenvolver no centro de Paisaxe e Sustentabilidade co lema Ecotourízte!

 Moi pronto ensinaremos os resultados!



 Así mesmo, preparamos unha exposición con libros que poden servir de inspiración para a celebración desta data. 








Novidades

 Xa estamos de volta! Queremos comezar o ano con algunhas das novas lecturas chegadas á nosa biblio. Esperamos que vos gusten!