O mes de novembro foi o MES DA CIENCIA e un dos temas a desenvolver nas clases de Ciencia de Manuel foi o das espirais, coas que se traballou a secuencia de Fibonacci, a proporción áurea.
Así o explica Manuel, o profesor...
A espiral de Fibonacci
Para facer este debuxo basearémonos na sucesión de Fibonacci
Cada arco de circunferencia que forma a espiral vai incrementando o seu raio sumando a lonxitude dos dous raios anteriores, igual que lle ocurre ós números de esta serie.
 |
| Nautilus |
Na natureza atopamos estes números e estas figuras multitude de veces como por exemplo na distribución das follas nun talo, ou a disposición das pebidas na flor do xirasol, pero, posiblemente, o exemplo máis coñecido sexa o patrón de crecemento da cuncha dos moluscos, en especial o Nautilus.
 |
Espirais penduradas na biblioteca enriba do radiador e en permanente movemento
|
O movemento
Colocado o aparello encima do radiador, unha forza motora faralle dar voltas indefinidamente, este feito temos que relacionalo coas diferencias de temperatura dentro do recinto, a densidade nos distintos puntos, e o movemento das masas de aire. Este fenómeno coñécese como 'correntes de convección'.
A brisa mariña, o ciclo da auga, ou a circulación xeral atmosférica baséanse neste feito.
Brisa diurna
Brisa nocturna
O rozamento
O xiro das aspas do noso muíño retorce a corda que o soporta e acaba freando completamente o artefacto, porén decidimos colocar unha peza metálica na cima da corda, e un imán que soporte o peso total, contrarrestando a forza da gravidade. O punto de contacto do metal co imán é moi pequeno, e o conxunto pode xirar case con total liberdade sen que se pare o muíño.
Orientarnos co compás, ou a produción de electricidade por indución electromagnética, cunha dínamo na nosa bicicleta, son algunhas aplicacións do magnetismo.
 |
| Espiral de Fibonacci |