Un curso máis, as familias colaboraron estreitamente na realización de actividades relacionadas coa temática do PDI do centro. Non podemos máis que agradecer a súa implicación e participación, xa que sen a súa axuda moitas das experiencias levadas a cabo na aula non serían posibles.
Unha das actividades realizadas a
través da Mochila Viaxeira foi a elaboración de instrumentos musicais. Cada neno
e nena, coa colaboración das súas familias, construíu un instrumento empregando
materiais de refugallo como cartóns, tetrabricks,
botes, cordóns e chapas, así como outros materiais como gomaeva, sedela, madeira ou plástico. Ademais, completaron unha
ficha na que indicaban o nome do instrumento, o seu país de orixe e a familia
instrumental á que pertence.
Os instrumentos elaborados
convertéronse en auténticas obras de arte. Ao chegar á aula, cada neno e nena
explicou o proceso de elaboración do seu instrumento, presentou os familiares
que colaboraran na súa creación e compartiu información sobre a súa procedencia
e clasificación. Finalmente, todos tiveron a oportunidade de facelos soar e
organizouse unha exposición no corredor do edificio de Educación Infantil. Nela
puidéronse contemplar instrumentos tan variados como unha pandeireta, un
tambor, unha guitarra, unha trompeta, un saxofón, un violín, un xilófono, unhas
maracas, un piano, unha arpa, unha frauta doce e un acordeón.
Tamén tivemron a sorte de recibir
a visita de Alba, irmá de Mariña e alumna do centro. Alba achegouse á aula
coa súa pandeireta e unhas cunchas, interpretando varias pezas musicais e
cancións para todo o alumnado. Estivo acompañada por Mariña, que tocou a
pandeireta elaborada xunto á súa avoa na actividade da Mochila Viaxeira. Foi unha
experiencia moi enriquecedora, na que Alba explicou como colocar correctamente
as mans para tocar este instrumento. Os máis atrevidos incluso se animaron a
probalo.
Outra visita moi especial foi a
de Ricardina, tía de Daniel, quen nos achegou ao mundo da trompeta. Explicou aspectos básicos relacionados coa respiración e a técnica necesaria para tocar
este instrumento. Ademais, Daniel puido interpretar algunhas notas coa trompeta
que elaborara coa súa familia pola Mochila Viaxeira.
Os aniversarios tamén estiveron
moi vinculados ao proxecto musical desenvolvido ao longo do curso. Durante
estas celebracións, os nenos e nenas cantaron e bailaron as súas cancións
favoritas, colorearon instrumentos musicais, realizaron crebacabezas,
escribiron nomes de instrumentos, fixeron pulseiras musicais e gozaron
especialmente co xogo do “Chan que baila”.
Aroa celebrou o seu aniversario
interpretando a canción As rodas do autobús, primeiro ela soa e despois
acompañada pola súa familia e os seus compañeiros e compañeiras. Ademais,
realizaron unha actividade de coloreado de animais decorados con notas
musicais.
Icía e Mateo escolleron a canción As vogais, que interpretaron primeiro individualmente e logo acompañados polas súas familias e compañeiros.
Pola súa banda, Sofía celebrou o
seu aniversario cantando Himno de mi peña. Ademais, participou xunto aos
seus compañeiros e compañeiras na montaxe dun crebacabezas dunha orquestra.
Cloe e Iván elixiron a canción De
ellos aprendí, coa mensaxe tan fermosa que transmite.
Lía elixiu a canción Realidad, coa que familia e alumnos cantaron e bailaron. Neste aniversario gozaron moito co xogo “Chan que baila”. Consiste en tirar o dado e en función do instrumento que saia os nenos teñen que colocarse no instrumento que se indica nas láminas colocadas no chan feitas en gomaeva coa silueta dos instrumentos. Se o dado cae en interrogación tiñan que seguir a consigna dada como por exemplo, facer o son da guitarra.
Unha mostra máis da implicación,
creatividade e entusiasmo que caracterizou a súa participación ao longo de todo
o curso.
Tamén nos visitou Eduarda
Fernanda, a nai de Lorena, que no Proxecto Viaxe Musical polo Mundo nos fixo un
vídeo coa IA para ensinarnos os aspectos máis relevantes de Brasil, cultura,
comida, monumentos, bailes…
E como non podía ser doutra maneira ensinounos a bailar a samba. Foi moi divertido aprender algún dos pasos deste baile típico de Brasil.
Patricia, nai de Danna tamén axudou no proxecto de Viaxe Musical polo Mundo visitándoos en dúas ocasión. Na
primeira trouxo o seu mapa do mundo e foilles contando cousas de cada
continente. Logo cada neno/a elixiu o país que lle chamou a atención para
colocalo no mapa e que Patricia lles contara del.
Xa na segunda ocasión viñeron co
mapa de Australia que elaboraron no que Danna coa axuda de súa nai foi pegando
no mapa as adhesivos que elas mesmas fixeron nas diferentes zonas nas que se
divide. Sen lugar a dúbidas un dos momentos máis divertidos foi colocar onde
vive Bluey e tamén os animais, como o
koala, o canguro.... Logo cada neno/a colocou no seu mapa de Australia as
adhesivos con todo o aprendido con Danna e Patricia.
Icía elaborou un mural sobre a
vida e a cultura en Xapón e a súa bandeira coa axuda da súa familia que logo
trouxo á aula.
Elia, coa súa nai elaborou os
nomes en xaponés de toda a aula. Logo tróuxoos á clase xunto cun debuxo para
colorear.
Sofía cos seus pais fixo un
sistema solar que trouxo á aula e que nos explicou. Estivo no recuncho do
universo durante todo o curso.
Queremos agradecer enormemente a
todas as familias a implicación na vida da aula durante todo o curso!




















.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)

.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)



.jpg)
.jpg)
.jpg)




















































Ningún comentario:
Publicar un comentario