As familias do alumnado de 6º de infantil realizaron varios obradoiros co alumnado da aula.
Varias familias levaron a cabo obradoiros de elaboración
de instrumentos con materiais de refugallo: castañolas, frauta, guitarra,
tambor.
Outra familia levou a cabo unha explicación das distintas partes dunha batería e, de seguido, un obradoiro para a elaboración dun squishy decorado
cunha batería.
No caso da familia de Alma, a primeira parte do obradoiro consistiu nunha explicación detallada das partes dunha gaita: o punteiro,
o roncón, o fol. A continuación, gozaron coa súa música interpretada polo pai,
incluso bailamos algunha peza, e a súa irmá acompañouno nalgunha peza musical
coa pandeireta.
Para rematar a actividade, pasaron á parte práctica co
obradoiro de construción de instrumentos. Con materiais tan sinxelos como unhas
pallas, onde cada neno e nena fabricou a súa propia frauta.
Unha vez máis, queremos agradecer a todas as familias a súa implicación e por todo o traballo levado a cabo. Moitas grazas!

























Ningún comentario:
Publicar un comentario