Amosando publicacións coa etiqueta Videos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Videos. Amosar todas as publicacións

Vídeo resumo

Neste fin de curso atípico, non queriamos deixar de compartir con tod@s vós o vídeo resumo de todas as actividades que se foron desenvolvendo ao longo do curso. Esperamos que vos guste e agardámosvos en setembro. Moi bo verán a tod@s!


DÍA DO LIBRO 2019


Outro ano mais a celebración do Día do Libro, Semana do Libro máis ben, veu cargada dunha chea de actividades. Aquí están...

- REPARTO DE TRÍPTICO LITERARIO E MARCA PÁXINAS -


Entrega das guías de lectura e marcapáxinas ao profesorado e resto da comunidade educativa. Os encargados, como non, uns entusiastas voluntarios. 






- BOLETÍN-TRÍPTICO LITERARIO. 'CON NOME DE MULLER' -


O noso tríptico literario deste Día do Libro ven 'Con nome de muller' e cargado, como xa imaxinades, de boas recomendacións de libros escritos por mulleres... Botádelle un vistazo!



- MARCA PÁXINAS -




- PREMIOS 'PASAPORTES LECTORES' -


Sorteo e entrega de premios do Pasaporte lector e o reparto das guías de lectura e marcapáxinas entre o alumnado de Primaria e Secundaria. Noraboa!! Esperamos que vos gusten os agasallos... 




- OBRADOIRO DE COLGADOIROS -


Obradoiro de colgadoiros para as portas co alumnado de Infantil e de 1°e 2°de Primaria. O encargado do Obradoiro foi alumnado voluntario. Regaláronselles en cartolina varios modelos de colgadoiros e elas e eles decoráronos con motivos do Día do Libro pola parte de atrás. 















 












- AS FAMILIAS CONTAN -

Visita dunha mamá, Eva, á clase de 5º de Educaciñonn Infantil. Leulles 'A árbore da escola', un precioso conto de Kalandraka. Logo todxs illustraron o conto cunha manualidade.








 - VISITA DE INFANTIL Á BIBLIO. 'CONTAR E CANTAR' -

Visita á biblio e a Lectouriña das rapazas e rapaces de Infantil. E que fixeron? Pois ver un bonito vídeo, 'Argine', cantar todxs xuntxs 'Que vivan los cuentos', coñecer a Quixote, Sancho Panza, Dulcinea, Rocinante e demáis familia, personaxes deste famoso conto universal, levar a estes personaxes para colorear con calma na clase coas profes...  




- CINE E LIBROS -

Sesión de cine. Primaria gozou do cine con dúas películas que son adaptacións de grandes libros. Para 1°, 2°, 3° e 4° de Primaria, a divertida 'Matilda', e para 5° e 6°, a emotiva 'La ladrona de libros'. Os de Secundaria viron a exitosa 'Shakespeare in love'. 



 




- AO AIRE, LIBRO -


Lecturas polo pobo e agasallo dunhas bonitas follas que esconden un segredo no seu interior: frases sobre libros e literatura. 










- LIBRO LIBRE -


Liberación de decenas de libros polas rúas do pobo. Levan unha mensaxe de Lectouriña. 











- DISPENSADORES DE FRASES E CITAS -


Reparto polos establecementos 'dispensadores' de frases literarias para cortar e levar para casa. 








CERVANTES E SHAKESPEARE: Personaxes femininos

Murais elaboradose polos Departamentos de Lingua Castelá e Literatura e o de Inglés. E ademáis fixeron agasallo duns pins a todo o alumnado da ESO... 




FELIZ DÍA DO LIBRO!!