'Luz e compromiso'. Exposición Isaac Díaz Pardo


Aquí tedes algunhas imaxes da visita á exposición sobre Isaac Díaz Pardo 'Luz e compromiso' que tivo lugar hoxe e na que, ademais da asistencia dos que vos quixéchedes achegar, contouse coa presenza de Loli Beloso, escritora e moi boa coñecedora da vida e obra de Díaz Pardo.



Invitación para todas e todos


Con motivo da celebración no Centro do ano Isaac Díaz Pardo, toda a Comunidade Educativa e demais persoas interesadas podedes visitar a exposición 'LUZ E COMPROMISO' do 22 de maio ao 9 de xuño en horario de 10:00 a 16:00. Pero se ademais queredes vela e disfrutala con guía- o profesor Daniel Asorey será o encargado- anotade ben a data na vosa axenda da vindeira semana: MARTES 30 ás 11:45. E de paso que vos achegades, poderedes ollar a mostra de exemplares de Ediciós do Castro organizada polo Equipo da Biblioteca e coa inestimable colaboración de todo o profesorado.

Esperámosvos!!



'Lands away'

Precioso e evocador video. Quen non se perdeu nalgunha desas historia de pequeno/a? A maxia dos libros...




'O achado do castro' á sombra


O club de lectura de 1º e 2º buscou hoxe unha boa sombra para continuar coa obra de Manuel Núñez Singala, 'O achado do castro'.

Teatreando!!! 🎭 E é que... case, case no verán e ler é un bo plan!

Grazas!! 536,36 grazas!!


Toda a comunidade educativa do CPI Fonte Díaz podemos sentirnos ben orgullosos. Coas nosas forzas unidas nunha dirección, a de recaudar fondos para que a ONG 'Save the children' poida asegurar a supervivencia de nenas e nenos menores de 5 anos en países como Etiopía, Níger ou Burkina Fasso asegurando o acceso á auga limpa e potable, entre todos e todas logramos recaudar unha boa cantidade para esta iniciativa. Nen máis nen menos que 536,36 euros!!

Milleiros de grazas!! Grazas ás familias pola vosa colaboración e apoio, grazas ao profesorado implicado polo voso traballo e grazas, por suposto, a todo o alumnado; sen vós nada desto sería posible.

Entre todos e todas podemos construir un mundo máis xusto...

GRAZAS!!



Se eu fosse um livro...

Se eu fosse um livro...

Escoitade se tendes un ratiño. PAGA A PENA!




Con diez cañones por banda....


Tal día como hoxe, 23 de maio, pero de 1842 morría un grande poeta romántico español. Velaquí un dos seus máis famosos poemas, La canción del pirata. Sabedes de quen estamos a falar? Pois claro! José de Espronceda!

LA CANCIÓN DEL PIRATA

Con diez cañones por banda,
viento en popa a toda vela,
no corta el mar, sino vuela
...
un velero bergantín;
bajel pirata que llaman,
por su bravura, el Temido,
en todo mar conocido
del uno al otro confín.
La luna en el mar riela,
en la lona gime el viento
y alza en blando movimiento
olas de plata y azul;
y va el capitán pirata,
cantando alegre en la popa,
Asia a un lado, al otro Europa,
y allá a su frente Estambul;
«Navega velero mío,
sin temor,
que ni enemigo navío,
ni tormenta, ni bonanza,
tu rumbo a torcer alcanza,
ni a sujetar tu valor.
»Veinte presas
hemos hecho
a despecho,
del inglés,
»y han rendido
sus pendones
cien naciones
a mis pies.
»Que es mi barco mi tesoro,
que es mi dios la libertad,
mi ley, la fuerza y el viento,
mi única patria la mar.
»Allá muevan feroz guerra
ciegos reyes
por un palmo más de tierra,
que yo tengo aquí por mío
cuanto abarca el mar bravío,
a quien nadie impuso leyes.
»Y no hay playa
sea cualquiera,
ni bandera
de esplendor,
»que no sienta
mi derecho
y dé pecho
a mi valor.
»Que es mi barco mi tesoro,
que es mi dios la libertad,
mi ley, la fuerza y el viento,
mi única patria la mar.
»A la voz de ¡barco viene!
es de ver
cómo vira y se previene
a todo trapo a escapar:
que yo soy el rey del mar,
y mi furia es de temer.
»En las presas
yo divido
lo cogido
por igual:
»sólo quiero
por riqueza
la belleza
sin rival.
»Que es mi barco mi tesoro,
que es mi dios la libertad,
mi ley, la fuerza y el viento,
mi única patria la mar.
»¡Sentenciado estoy a muerte!;
yo me río;
no me abandone la suerte,
y al mismo que me condena,
colgaré de alguna entena
quizá en su propio navío.
»Y si caigo
¿qué es la vida?
Por perdida
ya la di,
»cuando el yugo
de un esclavo
como un bravo
sacudí.
»Que es mi barco mi tesoro,
que es mi dios la libertad,
mi ley, la fuerza y el viento,
mi única patria la mar.
»Son mi música mejor
aquilones
el estrépito y temblor
de los cables sacudidos,
del negro mar los bramidos
y el rugir de mis cañones.
»Y del trueno
al son violento,
y del viento
al rebramar,
»yo me duermo
sosegado
arrullado
por el mar.
»Que es mi barco mi tesoro,
que es mi dios la libertad,
mi ley, la fuerza y el viento,
mi única patria la mar».

'Adiviña' que premios son estes...


E por certo, aínda non truxeramos por aquí as imaxes da entrega de premios do concurso das adiviñas organizado polo Departamento de orientación. Houbo incluso música, boa música. As ganadoras do concurso foron, recordemos, Shaila García na categoría A, María Suárez na categoría B e Zaira Martínez na categoría C.

Moi ben feito, mozas!! Noraboa ás tres!! E parabéns e agradecementos tamén ao resto de participantes.



  









Restaurando ao estilo Sargadelos



  
E como vedes estas esculturas restauradas ao estilo Sargadelos por alumnos de 4º ESO? Raúl Santos foi o encargado de recuperar a Venus de Milo e Brais Vilas e José Iglesias a Venus de Gnido (a decapitada).


Así estaban...



Quedaron ou non quedaron ben? Por aquí gustan moito...



Menudos artistas!


Mirade que cousas tan preciosas fan en artes plásticas! Pablo Louzao, Carla Larroy e Juan Otero, alumnado de 1º ESO, son os artífices destas maravillas. Como ben explica Margarita, a profesora, "fermosas pezas con pasta de modelar, que conforman case unha pequena vaixela, cunha decoración natural nun caso, e cunha clara influencia dos deseños xeométricos da Cerámica de Sargadelos nas outras dúas."

Noraboa, artistas!

Visita ao Museo do Prado en menos de 4 minutos


Apenas catro minutos para facer un rápido pero emotivo percorrido polo Museo do Prado de Madrid.

Acompáñasnos?



Día Internacional dos Museos


Mañá, día 18 de maio, celébrase en todo o mundo o DÍA DOS MUSEOS. As visitas aos museos son gratuitas... e á nosa biblioteca, como sempre, tamén. Así que, se estades interesad@s na arte, na biblioteca podedes atopar numerosas obras sobre historia da arte, con preciosas ilustracións e interesantes textos que vos permitirán coñecer mellor aos distintos creadores e os movementos artísticos...

Esperásmovos!




O rap da biblio!

Mañá, como ben sabedes, é o Día das Letras Galegas e, para conmemorar esta data, traemos hasta aquí... O RAP DA BIBLIO!! Catro membros do club de lectura de 1º e 2º da ESO, catro "lectouriñas raperas" con moito ritmo e moita ilusión fan as voces e tamén o acompañamento.

Por certo, identificades esas voces? Seguro que si! Escoitado escoitade. E... feliz día das Letras Galegas!



Contacontos moi especiais...


E seguindo coa celebración da Semana das Letras Galegas hoxe o alumnado do club de lectura de 3º e 4º da ESO fixo de contacontos- Lolo anda en bicicleta, de Carlos Casares, foi o conto elexido- para os nenas e nenos de Infantil. E todo o mundo o pasou a mar de ben, tanto nenos como grandes.

Moitas grazas aos mozos e mozas da ESO pola colaboracion e entusiamo e moitas grazas por suposto ás profes por permitirnos este encontro!!














Venres de libros... e Carlos Casares


Onte, venres, a biblioteca estivo bastante concorrida a pesar dos partidos que se estaban a celebrar: buscando as adiviñas para o concurso no blog da biblioteca, lendo sobre mares e oceanos, estudando para o exame de sociais, ollando e curioseando os libros expostos, escollendo libros para esta fin de semana- Carlos Casares, o autor homenaxeado esta ano nas Letras Galegas, foi un dos preferidos- lendo en grupo Lolo anda en bicicleta, de Casares,... En definitiva, un bo venres de libros e lecturas! 
  




 


 
























Vémonos na biblioteca!