Concurso de adiviñas 'Eu quero ser...'. ADIVIÑAS 3 e 4



E seguimos coas adiviñas. As de onte eran doadas, verdade? A ver que tal con estas...


ADIVIÑA 3

Sen ningunha cerimonia
co seu sombreiro calado,
viaxa diante do rei,
do papa e do maxistrado.


ADIVIÑA 4

Non son bombeiro,
pero teño mangueira
e alimento aos coches
pola carreteira.


MOITA SORTE A TODAS E TODOS!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario