Esta semana por fin se levaron a cabo os apadriñamentos lectores! Esta é unha das actividades do noso Mes das letras e comezámolos con motivo do Día do Libro, pero debido ao mal tempo, adiámolos ata esta semana, a semana das Letras. Foi unha xornada que disfrutaron tanto os nosos voluntarios e voluntarias, que foron os encargados de facer as lecturas, como o alumnado de Infantil, aos que leron. Foi unha xornada moi festiva e enriquecedora e que a todos lles gustaría repetir.
Os maios
Este curso, dentro do Mes das Letras, o EDL propúxonos a creación dun Maio. Para iso solicitamos a colaboración das familias, que desbordaron as nosas expectativas, para que enviasen cadenetas de flores, froitas e ovos, así como de fiúncho e xestas. Ademais, o alumnado de 1º, 2º e 5º de primaria compuxeron cadansúa cantiga para cantarlle ao maio, todas con letras ben exeñosas. Parabéns por tanto traballo!
A volta ao mundo en 80 libros
Con motivo Día do Libro e dentro do Mes das Letras, propuxémonos dar a volta ao mundo a través dos libros. Para iso montamos, no corredor do noso cole, unha exposición con libros de autores orixinarios de distintas partes do mundo, dende o Xapón aos Estados Unidos, pasando por Australia, Venezuela, Finlandia ou Azebaixán e algúns libros ambientados en paisaxes tan distantes como a India ou Mali. Durante varias semanas o noso alumndo gozou, por quendas, da exposición.
Día do Libro 2021
Pouco a pouco iremos mostrando as actividades desenvolvidas no noso Mes das Letras. Comezamos coa celebración que marcou o comezo deste Mes das Letras, o Día do Libro.
Nesa data tan sinalada para as Bibliotecas quixemos dar remate ao proxecto que comezamos co Día da Paz, "Un nen@, unha árbore", de dúas formas. Por un lado, ao longo desa semana, o noso alumnado levou as súas árbores para as súas casas para plantalos en lugares elixidos por eles. Despois, as familias fixéronnos chegar imaxes desas plantacións, así que moitas grazas!

































































