Amosando publicacións coa etiqueta Rosalía de Castro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Rosalía de Castro. Amosar todas as publicacións

Día de Rosalía 2020

Á volta do Entroido celebramos no cole o Día de Rosalía, como vén sendo tradición, co Caldo de Gloria e a torta de aniversario de Rosalía.
Así mesmo, e a proposta do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística, cada clase fixo un cartel, no que baixo o lema "Errantes polo mundo", combinaron poemas de Rosalía con imaxes que nos recordan a exclusión, a marxinación que afecta a moitas persoas, e sobre todo, ao drama dos migrantes do que tanto falou Rosalía. Todos eses carteis foron compartidos polas redes sociais do ENDL co cancelo #errantespolomundo_rdc_20. Deixamos aquí o enlace á conta de Facebook do ENDL do noso centro, así como imaxes da celebración de tan importante efeméride.

www.facebook.com/movealingua













AS PRESENTACIÓNS DOS MÉRCORES (1)


 Hoxe dúas das nosas voluntarias, Carla e Andrea de 6º de Primaria, fixeron o honor de inaugurar as 'Presentacións dos mércores'.


Desde esta semana o último mércores de cada mes os voluntarios e voluntarias farán na biblioteca presentacións de novidades, contarán as novas da biblio, anunciarán celebracións, poñerán booktrailers,... 

Hoxe Andrea e Carla, como dicimos, amosaron os dous novos libros sobre Rosalía de Castro ('Uxí­a pequeniña' e 'Rosalí­a de Castro. Mulleres bravas da nosa historia'), recordaron o prazo de entrega dos Pasaportes Lectores para poder gañar algúns dos premios, lembraron a contrasinal de mañán...


Que como o fixeron? Ben non, fixérono... de maravilla!!! Moitas grazas, mozas, e os nosos parabéns!!






A FRASE DA SEMANA (7)


E a frase desta semana é, por suposto, de Rosalía de Castro.

LEMBRANDO A ROSALÍA




'Adiós rí­os, adiós fontes 
adiós, regatos pequenos; 
adiós, vista do meus ollos
non sei cando nos veremos'.

Lembrando a Rosalía... 

Hoxe celebramos no colexio, como sabedes, o Día de Rosalí­a. A contrasinal para entrar na biblioteca era o comenzo dun dos seus máis célebres poemas. Mirad que ben o sabían e recitaban... Bravo por elas e eles!!






E ademais...







Lendo, escoitando e xogando con Rosalía...


Durante a semana adicada a Rosalía foron varios os xogos propostos na Biblioteca. Mentras unhas compoñían os puzles coas imaxes de Rosalía, outros recompoñían os seus poemas ao tempo que os escoitaban na voz de Uxía, outros e outras preferían recortar as rosas, Rosas para Rosalía... Unha bonita semana de e con Rosalía!!











 
 
Sáudos de Lectouriña!
 

Día da Poesía. Este ano... Rosalía

 
Benvida a Poesía!! Pois sí, o 21 de marzo é o Día da Poesía pero nós adiantámonos para poder agasallar no seu aniversario a unha das grandes poetisas galegas. Mirade a decoración... Gústavos?
 



 
Sáudos de Lectouriña!