AS PRESENTACIÓNS DOS MÉRCORES (1)


 Hoxe dúas das nosas voluntarias, Carla e Andrea de 6º de Primaria, fixeron o honor de inaugurar as 'Presentacións dos mércores'.


Desde esta semana o último mércores de cada mes os voluntarios e voluntarias farán na biblioteca presentacións de novidades, contarán as novas da biblio, anunciarán celebracións, poñerán booktrailers,... 

Hoxe Andrea e Carla, como dicimos, amosaron os dous novos libros sobre Rosalía de Castro ('Uxí­a pequeniña' e 'Rosalí­a de Castro. Mulleres bravas da nosa historia'), recordaron o prazo de entrega dos Pasaportes Lectores para poder gañar algúns dos premios, lembraron a contrasinal de mañán...


Que como o fixeron? Ben non, fixérono... de maravilla!!! Moitas grazas, mozas, e os nosos parabéns!!






Ningún comentario:

Publicar un comentario