Novidades

 Aquí vos deixamos as últimas incorporacións ao noso fondo. Esperamos a vosa visita!



Entrega de premios

 O último día de clase antes das vacacións realizouse a entrega dos premios de todos os concursos organizados ao longo do primeiro trimestre polo Equipo da biblioteca e polo Equipo de Dinamización Lingüística. As mestras de cerimonias foron dúas voluntarias de primaria, encargadas tanto da presentación como da entrega de premios, que o fixeron moi ben, a pesar dos nervios do momento. Moitos parabéns a todos os premiados e moitas grazas a todo o noso alumnado por implicarse tanto e participar en todas as actividades propostas! Así mesmo, no momento da entrega, recibimos unha visita real que nos fixo moita ilusión, nada máis e nada menos que o rei Melchor! O día rematou cunhas panxoliñas que o alumnado de Infantil e Primaria cantou no ximnasio co acompañamento do mestre de música e do mestre de 5º. Foi unha xornada para o recordo.





Cabazas mariñas







Relatos de medo



Debuxos e poemas do mar













Manualidades

 Como xa vén sendo tradición, no noso biblionadal non podían faltar as manualidades feitas con material de refugallo. O noso alumnado, coa colaboración da mestra de Relixión e das titoras de infantil, realizou distintos adornos de Nadal e que despois levaron para adornar as súas casas. Esperamos que vos gusten!













Tradicións de Nadal

  O mércores 21 de decembro, o alumnado voluntario de 3º da ESO e de Oratoria, visitou ao alumnado de Infantil para falarlles sobre distintas tradicións de Nadal por todo o mundo. Realizaron un obradoiro con eles sobre os desexos de Nadal e remataron agasallándolles unhas lambonadas. Foi unha xornada moi divertida e enriquecedora na que gozaron pequenos e maiores. Moitas grazas por todo!








Biblionadal. Portas do mar

  Despois do éxito das nosas "Portas de cine", este ano decidimos repetir actividade, pero este ano co lema "Portas do mar". Foi un éxito de novo e toda a comunidade implicouse a fondo para tentar facer as portas máis orixinais. Este ano animamos a introducir en cada decoración un elemento que non fose do mar, debidamente camuflado, para ver se eramos quen de atopalo. Vós podedes? Á espera de que pase o xurado que dictamine cales son as portas ganadoras, compartímolas todas por aquí para que vaiades xulgando por vós mesmos. Tedes unha favorita? O xurado vaino ter moi difícil!

Infantil

4º e 6º Infantil


5º Infantil




Primaria
 












A. L.


Inglés Primaria


Secundaria









P. T.  Secundaria


Club de lectura


Dirección