Mulleres de cine

  Con motivo do 8M, e neste ano de cine, no noso cole estivemos investigando sobre mulleres de cine: directoras, montadoras, compositoras, productoras... Co resultados desas investigacións montamos o noso Paseo das estrelas de Mulleres de cine. Esperamos que vos guste!




















8M

  O día 8 de marzo, para celebrar o Día da muller, contamos con unha actividade moi especial. Amanda, ex alumna do centro, realizou uns obradoiros con todos os cursos, dende infantil ata secundaria. 

 No caso de Infantil e Primaria, a actividade consistiu nun contacontos, da súa invención, titulado "A cidade dos soños" e a presentación de tres mulleres, relacionadas co cine, que lograron so seus soños, pero que quedaron nas sombras, de aí as candeas e o xogo de sombras.: Alice Guy, primeira muller en dirixir un filme de máis de un minuto, Elisabeth Thuillier, quen abriu o seu propio estudio para por cor nas películas en branco e negro e Lotte Reiniger, pioneira no cine de animación. Serviu para falar dos roles de xénero, dos seus soños para o futuro e como se imaxinan que sería a cidade dos soños.









 En Secundaria centrouse máis nos estereotipos de xénero, como temos arraigados certos roles, polo que o cambio debe comezar en nós mesmos. Baseándose na película "Alicia en el País de las Maravillas" que reflicte cada unha das personaxes na nosa sociedade actual.













Día da Poesía

  O luns 21 de marzo celébrase o Día da poesía e nós queremos facelo dunha forma moi especial. O alumnado voluntario da biblioteca recita uns poemas de Florencio Delgado Gurriarán, autor ao que este ano se lle adica o Día das Letras galegas, aos residentes da residencia "Os tercios" de Touro. Ao non poder facer a visita á residencia, aquí vos deixamos o vídeo do recitado para gocedes destes fermosos poemas. Esperamos que vos gusten!

Poemas Florencio Delgado

 E aquí vos deixamos as imaxes dos residentes de "Os tercios" gozando da poesía: