Un ano de cine no Departamento de Inglés de ESO

 No Departamento de inglés de Secundaria desenvolveron varias actividades relacionadas co cine ao longo deste curso.

  • Timeline: Crearon unha liña temporal con biografías de mulleres, sobre as cales, vida e/ou obra literaria, hai adaptacións ao cine.




  • Halloween: Con motivo desta celebración realizaron unha exposición de portadas de películas de terron en lingua inglesa.


  • Merry "movie" Christmas: Nesta festividade tamén adornaron os taboleiros con motivos navideños e  cinematográficos.

  • Reading: Selección de lecturas obrigatorias e optativas, para todos os cursos, de obras que contan con adaptacións ao cine: The Man in the Iron Mask, Washington Square, Anne of Green Gables, Dr Jekyll and Mr Hyde, Treasure Island, Nurse Matilda...

  • Cinema: Traballando as seguintes películas: 
-En 2º da ESO: Mr Popper´s Penguuins.
-En 3º da ESO: The Truman Show.
-En 4º da ESO: Ever After: A Cinderella Story




Un ano de cine en 4º de Infantil

  Este curso, as alumnas e alumnos de 4º de Infantil estiveron traballando moito no proxecto do cine. Son moitas as actividades que foron facendo e que agora queremos compartir con vós.

  • Traballaron o conto de Frankenstein. A partir de aí decoraron a porta con el, e con personaxes Disney, e fixeron os seus "Frankis". No Entroido fixeron máscaras de Frankenstein.
  • Partindo da serie "Los pingüinos de Madagascar" realizaron un proxecto sobre os pingüins, ao que a biblio contribuiu con algúns libros, traballando varios aspectos sobre os mesmos. Así mesmo, ese foi o disfrace elixido para o Entroido.

  • Traballaron adiviñas de contos e películas:













  • E un abecedario de cine:


  • Unha árbore do Día do libro coas súas películas favoritas:

  • Unha saída á sala Numax para visualizar a película "Valentina".
  • Sesións de cine nas que tiñan que "comprar" as súas entradas e comían palomitas.
  • A creación de personaxes de cine con froitas. 
  • Creación, dentro do Plan Proxecta, duns colectores de lixo inspirados en personaxes cinematográficos:


 Deixamos un vídeo co resumo de todas estas actividades creado pola súa titora, Rocío. Parabéns por todo este traballo!





Obradoiro de radio

 Esta semana o alumnado de 6º e de 2º de primaria gozou co obradoiro de radio impartido por Xerardo e Damián de Ponte nas ondas. Foi unha xornada moi instrutiva, divertida e inspiradora, na que o alumnado de 6º aprendeu os fundamentos para crear un podcast e máis tarde, xunto ao alumnado de 2º, puxérono en práctica. Moitas grazas por esta gran experiencia, Xerardo e Damián!


















Que libro é?

  Como xa publicamos nunha entrada anterior, con motivo da celebración do "Mes das letras" puxemos en marcha o concurso "Que libro é?". Agora, xa rematado o prazo para pasar pola biblio e ver os paneis, compartimos con todos vós as láminas do concurso. Sodes quen de adiviñar o libro? Xa vos anunciamos que moitos dos nosos alumnos e alumnas sí foron capaces, polo que... Parabéns!

Infantil, 1º e 2º









3º, 4º, 5º e 6º de primaria


















E.S.O