Amosando publicacións coa etiqueta Pasaporte lector. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Pasaporte lector. Amosar todas as publicacións

Pasaportes lectores

 Hoxe queremos compartir con vós os pasaportes lectores deste curso. Dende hai uns anos temos dous pasaportes, un no que se anotan todas as lecturas que se levan a cabo ao longo de todo o curso e outro temático, no que se consignan só libros relacionados co PDI de centro, este ano A música.

Lembrade que podedes cubrir os vosos pasaportes e entregalos na biblio ata o mes de abril, así que agardámosvos na biblio con moitas suxerencias de lecturas!

Pasaporte lector



Pasaporte temático










Pasaportes lectores

  O Día das bibliotecas fixemos entrega dos pasaportes lectores. Este curso, como o curso pasado, foron dous os creados, un xeral, para anotar todos os libros lidos ao longo do curso e outro temático, para anotar todos os libros lidos, pero relacionados co proxecto do curso:"O bosque". Queremos compartir os dous modelos, por si os necesitades. Tamén os podedes atopar na biblio, así que xa sabedes, agardámosvos!

Pasaporte lector



Pasaporte temático










Día das bibliotecas

 O pasado 25 de outubro celebramos o Día das bibliotecas na nosa biblio. Fixémolo facendo entrega dos pasaportes lectores, recordando as normas de funcionamento, presentando o noso proxecto para o curso "O bosque" e facendo entrega das mochilas viaxeiras. Alumnas voluntarias foron as encardadas de facer entrega das mochilas ao alumnado de infantil e primaria que levarán as mochilas esta semana.

 Comezamos así as actividades da biblio para este curso!

 Xa sabedes, agardámosvos na biblio e xa vos deixamos as primeiras recomendacións!













Día das Bibliotecas 2022

 O venres 21 de outubro celebramos o Día da Bibliotecas. Aínda que xa levamos abertos un par de semanas, despois de facer a xornada de formación co voluntariado, aproveitamos o Día das Bibliotecas para facer a inauguración oficial do curso. Presentamos o proxecto do curso, "O mar", repartimos os pasaportes lectores e fixemos entrega das mochilas e bolsas viaxeiras, coa colaboración do alumnado voluntario. Agardamos que gocedes moito coas lecturas e xa sabedes, vémonos na biblio!


















 

 


Benqueridas familias lectou@s:


Estamos pasando uns días de incerteza, de adapatarse á nova situación. A nosa Lectouriñ@ quere dicirvos que vos bota moito de menos e que está desxando vervos a todos en canto todo esto pase.

Coma vós, nós tamén tivemos que adaptarnos antes de propoñervos novas actividades, pero aquí estamos, pouco a pouco imos ir publicando novas cousas nas nosas redes sociais, grazas principalmente á vosa colaboración.

O primeiro que queremos comunicarvos é que, como moitos de vós sabedes, tiñamos en marcha un concurso para poñer nome e logo á nosa radio, por iso queremos animarvos a que participedes neste concurso xa que nestes días temos tempo para elaborar propostass. Podedes facernos chegar as vosas ideas ao correo biblioteca.cpifontediaztouro@gmail.com sempre que sexa posible, e se non xa as recolleremos cando na biblioteca cando volvamos de novo ás nosas clases no colexio. Lembrade: debemos buscar un NOME e tamén un LOGO.




Tamén queremos anivarvos a seguir disfrutando da lectura, para os que teñades a posibilidade de imprimir o pasaporte lector deixamosvos aquí o mesmo, para os que non, non vos preocupedes, anotade o título, o autor e si vos gustou en unha folla e poderá ser validado despois. Non vos esquezades, ler ten premio!!