Día das Bibliotecas 2022

 O venres 21 de outubro celebramos o Día da Bibliotecas. Aínda que xa levamos abertos un par de semanas, despois de facer a xornada de formación co voluntariado, aproveitamos o Día das Bibliotecas para facer a inauguración oficial do curso. Presentamos o proxecto do curso, "O mar", repartimos os pasaportes lectores e fixemos entrega das mochilas e bolsas viaxeiras, coa colaboración do alumnado voluntario. Agardamos que gocedes moito coas lecturas e xa sabedes, vémonos na biblio!


















 

 


Ningún comentario:

Publicar un comentario