No comedor seguimos experimentando con novos sabores, continuando coa súa proposta de "Sabores do mundo". Xusto antes do entroido tocou Grecia! Salata Horiatiki, pastitsio e straggisto, delicioso!
Amosando publicacións coa etiqueta Comedor b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Comedor b>. Amosar todas as publicacións
Sabores do mundo: China
No mes de xaneiro continuamos o noso percorrido polos "Sabores do mundo" no noso comedor, esta vez tocounos degustar comida chinesa: Roliños de primavera, porco agridoce e froita do lume divino... Foi toda unha experiencia! Que gran traballo!
Sabores do mundo: Marrocos
Seguimos coa proposta do comedor e os seus "Sabores do mundo". Hoxe tocounos Marrocos, sabores diferentes que nos deixaron encantados!O menú foi o seguinte: Chlada con tostas de pan, cuscús de polo e verduras e laranxa con canela. Que gran traballo! Moitas grazas polo esforzo realizado!
Sabores do mundo: Alemania
Neste ano, no que estamos a dar "A volta ao mundo", dende o comedor fannos unha proposta do máis interesante: Comidas do mundo. Comezamos con Alemania e o menú foi o seguinte: Katoffellsupe (crema de pataca, allo porro, cebola e cenoria), currywurst (salchicha alemana con arroz en branco) e tarta Selva Negra. Foi unha gran experiencia e ata a Lectouriñ@ estaba emocionada! Moitas grazas a todas e a todos os que o fixeron posible, agardamos con expectación o seguinte!!
ible, agardamos con expectación o seguinte!!
ible, agardamos con expectación o seguinte!!
Exposición 'Un pracer para os sentidos'
Víchedes a preciosa exposición de bodegóns 'UN PRACER PARA OS SENTIDOS' que prepararon no comedor do cole? Aquí neste 'collage' tedes unha pequena mostra. Pero para vela e gozala en vivo e en directo, que é o mellor, pasade cando queirades...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)













































