Saída do club de lectura

 O pasado luns, 1 de xuño, o alumnado do club de lectura realizou un roteiro pola cidade de Santiago. Despois de ler "O segredo de Joseph Haydn", de Suso de Toro, decimos tentar seguir os pasos do mestre polas rúas de Compostela. Así, visitamos os tellados da catedral para admirar máis de preto a torre da Berenguela que tanto lles chamou a atención a Salomón e a Haydn, visitamos o Pórtico da Gloria, que eles tamén admiraron, e paseamos polas rúas da contorna da catedral percorrendo algún dos lugares mencionados no libro, como a Paza da Quintana. Sen dúbida, unha fermosa xornada e un xeito diferente de despedir o club por este curso, vémonos no curso que vén, Lectour@s!








Ningún comentario:

Publicar un comentario