Videoconferencia "A complexidade escondida no miúdo"

  O pasado 24 de novembro, o alumnado de 2º da ESO participou na videoconferencia "A complexidade escondida no miúdo" con motivo do Mes da ciencia en galego. Impartida pola Dra. Mónica Cartelle Gestal, profesora de Microbioloxía en Inmunoloxía da Universidade de Louisiana, Estados Unidos. O propósito da charla era mostra a complexidade da bioloxía e da vida, centrándose na complexidade dos microorganismos, organismos microscópicos que, aínda que parecen simples, canto máis avanza a tecnoloxía, máis se comproba a súa inmensa complexidade. Fíxoo de un xeito ameno e sinxelo, permitindo comprender todo o que explicou. Unha actividade moi ilustrativa.

Obradoiro de chapas

 Outra das actividades que se levaron a cabo polo 25N foi un obradoiro de chapas, organizado polo Departamento de Orientación e levado a cabo pola entidade Anacos.





25N

 O pasado venres, 24 de novembro, celebramos no noso cole o Día para a Eliminación da Violencia contra a Muller. Fixémolo saíndo todo o centro ao patio donde asistimos á lectura dun manifesto por parte da alumna de Secundaria que o elaborou e apoiada por varios compañeiros e compañeiras.




  A continuación cantamos entre todos a canción que estivemos ensaiando nas semanas anteriores "Depende dos dous".


Iceberg da violencia de xénero.

 Outra das actividades do 25N foi a creación do "Iceberg" da Igualdade. Elaborado polo alumnado de 6º de Primaria, completado polo alumnado de Secundaria, foi unha forma moi visual de mostrar aquilo que máis visible é, en relación á violencia contra a muller, e o menos visible. Ao longo da semana do 25N, o alumnado de Secundaria, traballou, coa axuda da orientadora, sobre os distintos tipos de violencia para despois plasmalo no "iceberg". Quedou exposto no corredor do comedor para que todo o alumnado o vise e lle servise para reflexionar. Un gran traballo!
















"Scape room" pola Igualdade.

 Durante a semana o 25N o alumnado de Secundaria participou na actividade "Scape room" pola Igualdade, un obradoiro, organizado polo Departamento de Orientación, e levado a cabo pola entidade "Anacos" no que o alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO vivía a experiencia de coñecer un caso dunha muller víctima de violencia machista e á que eles tiñan que intentar axudar. Foi, sen dúbida, unha experiencia única.

























Obradoiros pola Igualdade.

 Na semana do 25N o alumnado de Infantil participou en un obradoiro sobre a igualdade. Traballaron o conto "Presentes", que serviu de base para falar do que estaba ben e do que estaba mal. Despois, entre diferentes imaxes, tiñan que seleccionar as boas accións. Por último, elaboraron o decálogo do Bo trato. Unha actividade moi interesante e enriquecedora!