Pouco a pouco ímonos achegando ao final deste curso no que o noso PDI de centro foi A historia. Para despedirnos ata setembro queremos deixarvos unhas recomendacións de lecturas para o verán. Hai un pouco de todo e agardamos que vos axuden a elixir que ler nos vindeiros meses. Moi bo verán e felices lecturas!
O Grúfalo
O alumnado de 6º de Infantil, coa axuda das mestras Lucía e Susana, fixo unha adaptación teatral da obra "O Grúfalo", de Julia Donaldson. Representárona para as súas familias e quixeron deixala gravada na radio para compartir con nós. Moitas grazas e parabéns por ese gran traballo!
Un último adeus
Hoxe traémosvos un programa de radio moi especial. Alumnado de 4º da ESO, ante a súa despedida do centro onde compartiron vivencias durante 12 anos, fai un repaso polos seus anos de escolaridade, os mestres e mestras, profesores e profesoras, comedor e moitas cousas máis. Unha despedida moi especial, esperamos que vos vaia moi ben na nova etapa que comezades!
O achado do castro
Hoxe queremos compartir con vós o programa de radio teatro elaborado polo alumnado do club de lectura Lectour@s. Despois da lectura da obra de teatro "O achado do castro" de Manuel Núñez Singala, o alumnado do club fixo unha adaptación do texto e eles mesmos gravaron o programa que agora vos compartimos. Esperamos que vos guste! Parabéns por ese gran traballo!
Vídeo resumo
Hoxe queremos compartir o vídeo no que se resumen todas as actividades que se levaron a cabo no noso centro ao longo de todo este curso. O PDI de centro foi A histora, pero tamén, e relacionado con iso, celebramos o 50 aniversario no noso centro. Por todo isto, foron moitas as actividades que se desenvolveron, tanto propostas polo Equipo da Biblioteca, o Equipo de Dinamización Lingüística, o Departamento de Orientación como pola Dirección do centro e foron moitas as persoas implicadas nas mesmas. Polo tanto, só nos queda dar as grazas a todos e a todas e desexar que vos guste este pequeno resumo.
Despedida da biblioteca
O pasado venres, 20 de xuño, remataron as clases e, como xa vén sendo tradición, celebramos o acto de despedida do curso na biblioteca. Compartimos as recomendacións lectoras, falamos do horario de apertura para a última semana de mes, agradecimos o labor do alumnado voluntario cun pequeno agasallo e rematamos o PDI de A historia visionando o vídeo no que se resumen todas as actividades levadas a cabo ao longo do curso. Unha despedida moi emotiva!
Programa de radio 50 aniversario.
O alumnado de Proxecto Competencial de 2º e de 5º de Primaria realizou un programa para celebrar os 50 anos de historia do colexio. Para iso levaron a cabo varias entrevistas que recolleron no programa que vos compartimos a continuación. Entre os entrevistados e entrevistadas contamos con antigas alumnas, alumnas actuais, unha profesora, a directora ou a cociñeira. Agardamos que vos guste!
Programa de radio 50 aniversario
Radio aniversario.
Con motivo da celebración do 50 aniversario do centro a radio instalouse na biblioteca, normalmente ten o seu propio espazo, e alumnado de 5º de Primaria realizou entrevistas a diferentes persoas que quixeron celebrar eses 50 anos de vida. Aquí vos deixamos as diferentes entrevistas, esperamos que as gocedes tanto coma nós.
Museo virtual Patrimonio de Touro
O alumnmado do CPI Fonte-Díaz de Touro vive os derradeiros días do curso 24-25 gozando de actividades tales como excursións, competicións deportivas e xogos populares.
Dentro das actividades conmemorativas do 50 aniversario do colexio e como colofón ao Ano da Historia que se leva desenvolvendo durante todo o curso, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º Primaria presentan o seu traballo educativo vencellado ao patrimonio da súa localidade. Durante este trimestra os rapaces e rapazas de entre 8 e 12 anos investigaron sobre o patrimonio de Touro, visitaron espazos emblemáticos do Concello e, finalmente, crearon e presentaron un museo virtual coa recompilación de fotografías da riqueza paisaxística, etnográfica e arquitectónica da súa vila. Para elabroar este traballo contaron coa colaboración da empresa local Patrimonea.
Só tedes que picar no seguinte enlace e rexistrarvos co voso correo electrónico. Agardamos que o o gocedes!
O Ano da Historia en 4º de Infantil. Obradoiros das familias
As familias xogaron un papel moi importante e activo na aula de 4º de infantil implicándose desde o primeiro momento do curso. Foron moitas as actividades que realizaron: traballos manuais, cancións, elaboración de libros, pulseiras, presentacións, visita dun xeneral e dun tractor, aportaron materiais… De novo queremos agradecer ás familias por tanta colaboración durante o curso.
Na reunión de principio de curso mestra e familias decidiron conxuntamente que a temática da celebración dos aniversarios serían os dinosauros e que cada familia faría unha actividade ao redor deste eixo.
No primeiro aniversario tocou coñecer ao Oviraptor. A familia elaborou un libro sobre as características deste dinosauro que nos contou na aula. Tamén colorearon un Oviraptor.
No cuarto aniversario tocou coñecer ao Alosaurio. A familia coa colaboración da nena elaborou un libro sobre este dinosauro, características, hábitat, alimentación… Este libro quedou para o recuncho dos dinosauros da aula.
No quinto aniversario tocou coñecer ao Pterodactylus. A familia elaborou un libro coa información sobre este dinosauro e tamén un crebacabezas con depresores para cada neno/a que montaron unha e outra vez.
No sexto aniversario tocou coñecer ao Branquiosaurio. A familia trouxo un conto do mesmo, un xogo dos dinosauros e unhas bandeirolas do aniversario que agasallaron para a aula para os vindeiros aniversarios. Entre todos realizaron un traballo na aula, a mamá trouxo a pegada do dinosauro en cartón a tamaño real e os nenos/as deixaron dentro dela a silueta das súas mans co seu nome.
No sétimo aniversario tocou coñecer ao Deinocheirus. A familia realizou un libro coas características deste dinosauro e trouxo un dinosauro deste tipo para colorear. Realizaron un lapiseiro cun vaso de cartón no que colocaron a silueta deste dinosauro e que decoraron con gomets.
No oitavo aniversario tocou coñecer ao Elasmosaurus. A familia fixo un libro coas características, hábitat, alimentación, o continente no que viviu…que contou na clase. Fixeron unha pulseira deste dinosauro. Tamén montaron un dinosauro coas súas partes e ata o disfrazaron.
No noveno aniversario tocou coñecer ao Temnontosaurus. A familia fixo unha presentación sobre este dinosauro e trouxo unha imaxe para colorear.
As familias aportaron materiais para os recunchos dos proxectos: dinosauros, libros, crebacabezas, contos de Roma, disfraces… Tamén tapas para poder realizar os colgantes ao estilo dos mosaicos romanos con teselas…
Outra familia elaborou un xogo de vestido e espido dos diferentes integrantes da sociedade romana (emperador, patricios, plebeos e escravos). Os nenos/as pasárono moi ben con este xogo que só podemos dicir que lles encantou e agradecémoslle a Patricia enormemente por tanto traballo.
Cando investigaron sobre a historia do tractor, e como foron os primeiros e os materiais dos que se fixeran, unha familia ofreceuse a vir ao colexio a ensinarnos o seu tractor. Esta visita foi todo un éxito para os máis pequenos do colexio. Agradecémoslle moito a Alba e a Roberto por esta visita e por contarnos sobre o seu tractor.
E por último dentro da Mochila Viaxeira unha das actividades foi que cada familia escollera un invento e fixese unha maqueta del. No caderno escribiron sobre cando apareceu, onde e algunha das súas curiosidades. Cos inventos montaron unha exposición e só lles podemos dicir ás familias que estes inventos son verdadeiras obras de arte e que lles estamos moi agradecidas por tanta axuda e colaboración!




















































.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.png)
.png)
.png)
.png)
.png)
















.jpg)



















.png)